Inicio » Creación » Louvanza do meu H

Louvanza do meu H

Agosto 2011
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Úneche a outros 37 subscritores

A miña letra preferida é o H.

 O h que protexe a cabeza do meu nome como un helmo; que me achega á herdanza da Humanidade e dos seus hábitos.

 O h  da humildade, que se eleva desde o humus ó helicóptero; a letra muda de aparencia inútil que rezuma aristocracia ortográfica; a letra da hipotenusa, da hipérbole e do hálito.

 El é quen me permite vivir nun habitáculo, ter o cerebro organizado en hemisferios, reformular hipóteses, compoñer hendecasílabos, falar de heraldos, ocupar hemiciclos e mesmo ser herética.

 El fíxome hipertensa e hipocondríaca, e agora mesmo tenme hipotecada e, aínda así, anímame a practicar a hospitalidade.

 Pero tamén amo o h do horto, da herba, das hedras, das hortensias, dos harmonios, dos himnos, da habilidade, das habelencias e o humor.

 O h de habitar e berrar ¡hurra!

 O que inicia as mellores fabulacións do mundo co seu “Había unha vez…”


4 Comentarios

  1. aprofa di:

    Habilito hoxe este teu novo honorable habitáculo con humor, iso si, sen hipotecas, para habitualmente volver a el ;D

    • Sexas benvida, amiga, unha das máis antigas das virtuais no feis. Espero aprender axiña a manexar isto con máis soltura e a poder ter máis dun mega de conexión, que polo de agora non me dá ninguén. Unha aperta grande.

Deixa unha resposta a mariadario/ Maria Lúcia Dário Cancelar a resposta