Inicio » Creación » Punto de vista

Punto de vista

Agosto 2011
L M M X V S D
    Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Porque teño tendencia a identificar a literatura coa poesía –no de que a poesía non coincide coa literatura non lle vou dar ao pau a Gamoneda-, pensaba eu que o texto literario se escribe desde a emotividade e que se hai que achegar á el apancada por un impulso creador inevitable, sustentado nunha carga de ions fortemente subxectivos. Isto pasaba ata hai pouco, porque unha nova afección artística chegada, tarde pero con forza, axudoume a ampliar a percepción do que é escribir o texto que adoitamos titular literatura.

Xa cerca de dous anos movéndome por entre a realidade máis tanxible cunha cámara na man, en lugar de facelo unicamente por entre a maxia e a fantasía da palabra, axudáronme a valorar elementos da creación literaria que condicionan non só os resultados senón tamén e a satisfacción de escribir.

A experiencia de captar imaxes, ademais de levarme a unha creación mixta de poemas e nanorrelatos, ensinoume a valorar as posibilidades de expresión que esconden as cousas sempre que se atine co ángulo desde o que parece quereren ser miradas. Fraccionalas, afastarse delas, achegalas, resaltar unha aresta, ensalzar un detalle, buscar sensación de fondo, valorar as texturas… Non hai realidade inservible para a fotógrafa se logra orixinalidade de colocación para conxelar a imaxe.

Sombras sobre o Danubio

E isto é transferible á literatura. Ningún tema é menor no traballo da creación nin determina en por si a calidade. Calquera cousa pode desencadear un bo texto se quen o escribe se coloca cómodo na atalaia desde onde debe contemplarse para o desenvolver despois coa súa palabra. 

Advertisements

2 Comentarios

  1. zeltia di:

    eló que di gamoneda?…
    [ hai uns meses estivo na coruña e encantoume escoitalo ]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: