Inicio » Manifesto » MANDA MORAL

MANDA MORAL

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Cortiza 1

Outrosí, fágovos a manda moral de conservar e transmitir o patrimonio cultural que recibistes de min e dos antergos. Xa que logo, manifesto a vontade de vos facer a encarga de defender e transmitir a lingua que de min mamastes e escoitastes con agarimo, chamándolles ás cousas polos que o pobo quixo que fosen os seus nomes, e revitalizando o uso das palabras que crearon os devanceiros para chamarlles ás persoas, ás terras e ós lugares; de coidar e reproducir as froiteiras, que foron enxertadas polos avós, e as plantas do xardín que tamén eu herdei de miña nai e tanto quixen; de celebrar as festas familiares e patronais, acudindo a aqueles fogares da parentela que vos conviden; e de ser solidarios e tolerantes coa veciñanza, e hospitalarios cos forasteiros, recordando que tamén tedes parte do voso sangue soterrado en terra allea.

Advertisements

4 Comentarios

  1. Creo que non, Profa. Maria Lúcia. Foi escrita para a filla e o fillo e o que aquí lles pido xa o veñen facendo.

  2. alumna di:

    Pois, eu creo que este manifesto habería que traducilo a moitas linguas e poñelo a disposición dos blogueiros, sintetizado nunha fermosa grafía. Así os blogueiros do mundo poderían levar como bandeiras, non só o código-cociña, made in Galicia, senón tamén este lindo e profundo mandamento de amor, humanidade e boa cidadanía.

    • É un mandado de amor, si. Nunca o mirara desde este punto de vista pero doulle o pracet á calificación. Unha aperta grande para a querida alumna coa que a vida me levou despois a compartir o amor á Flor de Santiago, aínda que eu non lle podo dedicar tanto tempo nin tanto cariño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: