Inicio » Artigos » O XOGO DO ENSINO: DA FICCIÓN Á REALIDADE

O XOGO DO ENSINO: DA FICCIÓN Á REALIDADE

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

O neno e a nena xogan a “de mentira” ou a “de verdade”. Pregúntanse un ao outro: “¿A que xogamos?”. E deciden que sexa a “de mentira”. E son príncipe e princesa. Lobo e Carapuchiña. Aguia e raposo… E sacan as bonecas, os coches, os osiños, as caixas e todo o conxunto de xogos e xoguetes que posúen, que non son poucos. Ás veces son Hansel e Gretel. Daquela fan cabanas en calquera recanto da casa cunha cubrecama que arman coa vasoira, a fregona e o apañador.

Se deciden xogar a “de verdade”, asumen os roles de seu pai e súa nai e falan dos problemas da casa. Pero axiña pasan aos do seu traballo de ensinantes. E ao pouco tempo resolven conflictos do recreo, pregúntanse como lles foi o día, cóntanse experiencias bonitas ou menos bonitas, preparan un caderno de exercicios, póñense a corrixir uns papeis con bolis rubios e pídenlles silencio ás paredes para poder traballar…

Eles sempre xogan. Aínda non foron á escola. Coñécena de oídas mentres comen, os bañan, os visten ou andan pola casa. Non saben como é, pero si que é xogable. Porque xa distinguen o xogo de ficción simple do xogo de ficción complexa. A ficción simple é xogar á verdade e a ficción complexa é xogar á mentira. E parecen igualmente entretidos e felices das dúas maneiras sen sinal entendible que poida explicar por que escollen unha modalidade ou a outra.

Pero o papá e a mamá si distinguen a ficción da realidade. Saben como podería desenvolverse o seu traballo (ficción) e como é  o seu labor de dura por todas partes (realidade). Como cada vez ambas categorías se separan máis ata se faceren irreconciliables, non o pasan igual con unha nin coa outra.

Como nun espelloPero están marabillados do grao de profesionalidade e abnegación que alcanzan na ficción simple o neno e a nena.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: