Inicio » Artigos » OS MEUS (MOITOS) MARES

OS MEUS (MOITOS) MARES

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

OS MEUS (MOITOS) MARES

                                                             Através do teu coraçao passou um barco

                                                     que nao para de seguir sem ti o seu caminho.

                                                                          Sophia de Mello

Os mares foron chegando, diversos, ás diferentes etapas da miña vida para me descubriren as emocións do repouso azul, a media verdade das colores e, ao mesmo tempo, a existencia dunha cecina de alma que mana da memoria coa racionalidade da táboa de Pitágoras e da criba de Eratóstenes.

O Cantábrico, que visitaba en Donostia cada verán entre os cinco e os sete anos, foi quen me doou o primeiro cheiro salitrado e o medo a afondar. Un día fun quen de inventar que estaba enferma para non me bañar na Concha. Con esta acción revolucionei dous días casa que nos acollía, pois houbo que me atender por quendas. Xa que logo, o mar da infancia propia, unido ao olor da colonia Royal Ambrée que me botaban, ao sabor a chocolate nas merendas dos caseríos e, sobre todo, á ausencia de sinos que tocaran a morto, sons que me atormentaban na miña vila, vai apegado ao meu primeiro cargo de conciencia.

Á beira do Cantábrico galego pasei tres meses en ocasións próximas pero moi diferentes. A primeira, ao inicio da mocidade, cando tiven que facer en Benquerencia un campamento que a Sección Feminina esixía para sermos mestras. Aquela experiencia dooume a sensación da area miudísima e das escumas frías que tentan a resistencia dos rochedos e é tamén o fondo da relembranza das oracións en requilorio obrigatorio e colectivo tres veces ao día e das primeiras reflexións sobre a disciplina absurda que nos impoñían aquelas mulleres. Sendo xa mestra, coas mesmas impresións físicas por ser no mesmo mar e pola proximidade do tempo, agora na praia de Area, atendín dous veráns unha colonia de rapazas. Verbo das medras interiores, foron os veráns que culminaron a miña camaradería e a asunción da responsabilidade.

Uns anos máis tarde topei coas rías atlánticas, un piélago case domeado que enche hoxe os meus ollos de tranquilidade. O mar destas rías é o mar das grandes emocións que me foron culminando, a golpe de marés, a adultez toda.

Na praia de Carragueiro decidín publicar o meu primeiro poemario. Na de Testal topei con ese amor estable e duradeiro co que se soña. Na de Castiñeiras vin medrar os meus fillos de verán en verán. E agora en Abuín, a extrema deste océano orfo das flores e dos barcos briosos de Chariño, as dornas erguen os arreos como Crucificados e os  paxaros escriben por riba caligramas mentres escoito unha intemporal cantata de sereas nas amencidas lenes, nos solpores vagacentos e nas noites agriladas que se emborrachan, chegado o mes de abril, co perfume dos limoeiros e as laranxeiras.

O derradeiro dos meus mares fórmano un colectivo de nomes estudados nos vellos libros de xeografía. Pura poeira de palabras, é o mar ao que pertencen  aqueles cabos, golfos, estreitos e penínsulas que foron recitados en ringleira perante un mapa tanto tempo atrás que parece que aconteceu noutra vida. Mediterráneo, Bósforo, Exeo, Báltico, fiordos, Caribe… É un mar múltiple, rescatado dos atlas, que se descobre no voo dun avión ou na estadía pasaxeira en calquera lugar do mundo.

Rianxo (Ría de Arousa)

Mais non quedou o mar como un espazo reservado ás emocións senón que se converteu tamén nun escenario moi valioso para acoller o desenvolvemento da obra literaria, tanto lírica como narrativa. E este mar, non cabe dúbida, é o das rías atlánticas. 

Advertisements

2 Comentarios

  1. Bendita seja! uma autobiografia vivida e descrita como se se falasse de amor. Puro amor.

  2. Querida amiga: O texto ten unha segunda parte que non foi posta aquí porque hai que controlar o tamaña. Hoxe voulle dar unha relectura e, ao mellor, póñoa para o completar. Moitas grazas por unha lectura tan cariñosa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: