Inicio » Artigos » DO XORNALISMO LITERARIO

DO XORNALISMO LITERARIO

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

O que mellor me aproxima ao concepto de Xornalismo Literario é á miña biografía. Meu pai puxera en min as súas frustradas aspiracións de “escribir nos xornais” e contoume unhas cen veces que publicara en El Progreso o artigo “El ciego de Gondel”, nacido dunha anécdota acaecida na súa xastrería. A lazarilla do cego de Ferreiros, que lle encargara un pantalón de pana, desde que marcharan, volveu subir as escaleiras para lle dar o derradeiro recado do amo: “Di o cego, que non lle bote os petos do pantalón de dril, senón de lenzo”. Resultáralle tan solemne e motivador que conseguira colocar o artigo nunha rotativa, que daquela non imprimían en galego.

Coa idea de “creación emocionada que nace dunha frase suxerente”, cheguei a Lugo para estudiar Maxisterio, disposta a conquistar tamén El Progreso, o mítico xornal de todos os luguese. Para iso empregaba as horas libres en percorrer a muralla, revisar a catedral e as salas do museo, que era o que máis me podía emocionar. Había que facerse coa frase máxica que ía dar de si un artigo co que sorprender a meu pai. O resultado foi desalentador: nada me proporcionaba aquel galano.

E meu pai tivo que conformarse con que eu exercese durante dous anos a corresponsalía dunha emisora de radio na que narraba as novidades da comarca dos Ancares unha vez á semana. Para este traballo elixíranme porque acababa de publicara un libro de poemas. E, aínda que non me atrevería a lle chamar a aquilo xornalismo literario, sei que foi o inicio, pois procuraba orixinalidade e estilo propio. Esta experiencia acabou no 1973 e non volvín ter relación cun medio ata 1992, cando me animou a entrar en contacto coa prensa o meu home, Xesús Rábade Paredes, que é tan amante do xornalismo literario como era meu pai morto xa había tempo.

Empecei a publicar algún traballiño en El Correo Gallego con moito esforzo porque me vía limitada pola temática. Algo máis tarde, encargueime do espazo que Xesús pretendía deixar para coller un respiro, tomei gusto por esta dedicación e alí quedei coa columniña semanal que veño mantendo. Estoulle moi agradecida, como escritora, ao arrequecemento que me presta a colaboración no xornal. Porque crear un texto de 1965 caracteres, interxenérico, que hora se parece a un poema, ora a unha narración; ora é descritivo, ora se implica nun liña argumental; ora está cargado de humor, ora destila raiba contida; ora se apega ao acontecer, ora é puramente imaxinativo é un traballo moi exercitante e e transferible aos textos literarios. Traballo suxeito ao tempo, non me agobia porque non é diario. Para perfilar esta interacción coa sociedade, unha das grandes ventaxes de publicar nun xornal, teño sete días para me enchoupar co que pasa, acotando espazos que me interesan e poden interesar aos presuntos lectores, tomando notas variopintas para un ficheiro non sempre aproveitado pero útil.

O que eu entendo por xornalismo literario é unha escrita próxima á realidade que atopa o seu sentido entre o discurso plural que describe o mundo día a día complementando a persecución dos clásicos cinco “w”. Esta promiscuidade coa noticia é quen somete este traballo a un destino efémero. Estamos tan próximos á realidade que temos que captar o interese de quen procura as páxinas do xornal para enteirarse do que pasa no mundo e, de paso, desfrutar cun discurso que pode explotar as connotacións das palabras, estimular o gozo estético da lingua e resaltar a liberdade de pensamento segundo a subxectividade coa que cadaquén é capaz de ver as cousas.

O artigo, unha privilexiada fiestra para asomarse ao mundo.

O artigo, unha privilexiada fiestra para asomarse ao mundo.

E non querería acabar esta pequena disertación sen render unha homenaxe a dous mestres desta escrita dos que eu procuro aprender o valor que ten o xornalismo literario: o noso inimitable Álvaro Cunqueiro, o señor das palabras e o discurso engaiolante, e Juan José Millás, capaz de crear un admirable artigo con só facerlles percorrer ás palabras os profundos recoveques dese xénero que el mesmo bautizou co nome de “articuentos”.

Advertisements

2 Comentarios

  1. Bom trabalho, Helena. Maravilhoso, o seu talante jornalístico, bem como a sua dedicação.

    Antes de deixá-la… já é hora de expressar-me… como não?
    Muito prazer em conhecê-la!
    Saudações.

  2. Prezada Profa e amiga, vou facendo o que podo e agora con moita ilusión por lle cumprir o gusto ao meu pai, que tanto influíu na miña vida.
    Eu tamén estou moi contenta de tela atopado como amiga. Só nos falta pasar uns días xuntas para falarmos directamente. E así será. Santiago agárdaa e eu tamén.
    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: