Inicio » Artigos » COMER NO MES DE POMONA

COMER NO MES DE POMONA

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Puta e Pomona eran, na mitoloxía romana, deusas tutelares de xardineiros e horteláns. A primeira relacionábase coa poda. A segunda, cos froitos e, por extensión, coas árbores froiteiras, cos xardíns e coas hortas. Pomona, asociada á abundancia, ocupábase tamén da vide e da oliveira. Detestaba a natureza salvaxe e ningunha deidade coñecía coma ela a arte do cultivo.

Patrona pomorum (Señora dos froitos), non sentía ningunha atración polos deuses masculinos, a pesar de ser requerida frecuentemente polos sátiros. Ao final caeu, con certo engano, nas mans de Vertumno, divindade das estacións e das árbores froiteiras. Da categoría menos importante das deidades, non se lle dedicaba ningunha festa, pero tiña encomendada, segundo o poeta Ausonio, a tutela do mes de setembro, mes da golosume das hortas e das árbores, mes no que andamos, mes que parece feito para colmar os sentidos con olores, sabores e texturas antes da espidez do inverno.

De Pomona deriva a palabra pomar (para moitos maciñeira, mazanceira, mazaira ou maciro) e as mazás caídas dos pomares como sudes do final do verán deberon causar grato pracer á deusa. A mazá é, na Biblia, un elemento tentador. Só o máis preciado daquel edén podía ser utilizado por Eva para tentar a Adán. E se, segundo o cristianismo, foi parte da culpa dos nosos males, chegado o mes de Pomona, a mazá volve a ser unha tentación para os ollos, para o nariz e, sobre todo para o padal, perante o que se pode disfrazar de varias formas, ademais de introducila na comida como simple sobremesa ou “tente en pé”.

Mazás que din romanas

Mazás que din romanas

Na casa, en chegando o mes de Pomona, saben que van comer “mazá con todo”. Con tal de que sexa do país –ou cando menos agridoce- vai para reforzar, amansar ou temperar a sapidez. Nas lamboadas: asadas, en chulas, bolos, tortas, empanadas, tortillas, doce, marmelada… Para entrante, nada máis apetitoso que magras de xamón ou cortes de embutido con carne ou marmelada de mazá. Na cociña común, vai engadida a calquera prato de arroz, ás ensaladas, a asados ou grellados de pito e mais de porco, ao leito dunhas albóndigas de carnes mesturadas con algo de canela, á salsa de tomate, a calquera peixe azul en compota ou rebandas cociñadas canda el, e en escabeches de peixe. ¡Ah! E sobre todo, metida en empanadas de xoubas, de xardas ou xurelos.

Advertisements

2 Comentarios

  1. Eduard di:

    Eu fágoa moito fritida para acompañar o arroz… Cousas de miña nai, que me substituíu o plátano -que non podo nin cheirar- pola mazá. A palabra ‘pumar’ sempre me fai pensar no sochantre de Pontivy, que aínda debe estar esperando a pumariña nun alto.

    • Dous dos meus avós eran de Puramín. É unha palabra que adoro, aínda que agora xa empece a chamarlles maciñeiras, porque o entorno acaba podendo co máis débil. Para dicilo nun refrán canceladés “Sempre creba o cordel polo máis delgado”. E aproveita ben as mazás que quedan aínda ao noso dispór.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: