Inicio » Artigos » VOLVER AO SAN FROILÁN

VOLVER AO SAN FROILÁN

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

San Froilán

Imaxe de San Froilán que se exhibe no Concello de Lugo

Na provincia de Lugo –e non digo na capital- as festas do San Froilán marcaban o ritmo da vida outonega. Viñan sendo estas feiras-festas dos comezos de outubro algo parecido ás celebracións estacionais. O ensino non comezaba praticamente ata que acabasen no Domingo das Mozas, que cadra no derradeiro do espazo de tempo que vai do 4, véspera do santo, ao 12. Incluso os centros de primaria da provincia -hai que lembrar que so había dous institutos, na cidade: un masculino e outro feminino- esperaban para empezar a que pasasen as festas. E iso ata ben alá de mediada a centuria anterior.

Fundidas xa no século XVIII a festa relixiosa, a profana e a feira que atraía aos privincianos, esta celebración participativa acadou unha grande magnitude co paso do tempo e está considerada festa de interese turístico nacional. Un dos máximos atractivos, que congrega a familias enteiras, é o polbo do xantar, que ultimamente se prolonga durante todo o mes. Antes facíase nas polberías do barrio de Mosquera, onde as sabias cociñeiras non deixaban catar co cefalópodo nin auga nin froitas nin verduras, e agora, nunhas casetas moi ben montadas nas abas do parque Rosalía de Castro, onde hai que gardar enormes fileiras se non se toman precaucións a tempo. Este ano veñen anunciadas cun cartel que mostra a invasión de polbos en pratiño voante iluminando con focos a muralla. E penso que atinaron coa elección deste cartel, que se presentou entre cincuenta, porque as murallas e o polbo do San Froilán son elementos definitorios da bimilenaria cidade construída sobre o bosque sagrado de Augusto.

O polbo xa se sabe que congrega os galegos onde sexa. E permítanme que introduza aquí a anécdota dun grupo de paisanos que entraron nunha casa de comidas húngara ao veren polbo ben presentado nos pratos do escaparate. Algo desconfiaron de que soubesen preparalo á feira, pero deron por feito que algún galego instituíra o prato en terra allea, que non sería o primeiro. A decepción foi descubrir que as esperanzadoras talladas eran rodas de cebola morada.

Volveremos a Lugo tamén porque este ano vai haber un festival de música galega, “Festival de noso”. Non está mal ter festas galegas en Galicia, abofé. Por incoherente que pareza o discurso, aínda hai xente cosmopaleta dicindo que lles sobra galeguidade ás nosas celebracións.

Advertisements

2 Comentarios

  1. Aprofa di:

    Gustoume o teu repaso histórico, fomos alá como todos os anos, e por moito que cambie o clima e que consultamos as mínimas en Meteogalicia, pola noite nos concertos quedabamos conxeladiños porque no San Froilán xa o inverno se sente no van.
    Bks.

  2. Lugo éche Lugo, amiga Pilar. Sempre hai que ir con chaqueta ao ombreiro ou baixo do brazo. E Lugo sen o San Froilán sería como sen a muralla: nada.
    O nome do Blogue está baseado nesta afección miña de ir tirando do fío da memoria, un memoria que acaba sendo tamén colectiva.
    Aperta grande.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: