Inicio » Artigos » OS FROITOS DO MONTE NA COCIÑA

OS FROITOS DO MONTE NA COCIÑA

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Amorodos, arandos, amoras, uvas de sabugueiro, abruños, hérvedos… Eis algúns froitos do noso monte que están ao alcance de todos, promoven o lecer ao aire libre, saen de balde e poden usarse con éxito na cociña. De sumo interese gastronómico e salutífero, non foron tratados con elementos químicos, son ricos en vitaminas e teñen poder contra os radicais libres que traen moi preocupada á nosa sociedade que, como nunca, busca a xuventude eterna… Hainos tamén máis exóticos, aínda que se poden dar nalgún dos nosos microclimas ou ser cultivados: grosellas, frambuesas e incluso mirtos.

As amoras son as máis frecuentes. Formaron parte do noso divertimento infantil, facéndonos choscar os ollos cando eran acedas e luxando as mans e a roupa. Entraban tamén nos xogos dos namorados. “… amoriñas das silveiras/ que eu lle daba ó meu amor,/ camiñiños antre o millo,/ ¡adiós, para sempre adiós!” (Rosalía de Castro). Os froitos do monte son un símbolo da natureza virxe e un reclamo para que os paxaros axuden á conservación do ecosistema. Sobre a súa gastronomía acaba de saír do prelo de Alvarellos Editora 50 recetas con moras y otros frutos silvestres, da autoría de Xesús Fraga, escritor e xornalista que coñeceu os usos culinarios que a estes froitos se lles dá noutras latitudes e aprendeu cedo a se desenvolver con eles entre fogóns.

Hoxe é bastante habitual que os homes se interesen pola cociña caseira e este mozo organiza e resume a súa habelencia no manexo desta materia prima dun xeito ameno e con exposición moi clara nas receitas. O libro está arriquecido con abondosas fotografías de calidade. Aínda que o nome que aparece no título é o das amoras, o libro ocúpase tamén dos outros, aderezados e utilizados en cru ou cociñados de diversas maneiras, tanto en pratos doces como salgados, acompañando carnes e peixes ou en sobremesas como doces e compañeiros de lácteos.

Uvas de sabugueiro/bieiteiro

Uvas de sabugueiro/bieiteiro

Non esquece o autor o tempus fugit e preocúpase, ademais do uso de temporada, de explicar como mantelos en conserva segundo diversos procedementos. Aconsella na elaboración de suntuosos licores, que era entre nós a maior frecuencia de uso, o emprego en refrescantes bebidas e mesmo a creación de vinagres aromáticos. Verbo das amoras, dá tamén un consello para utilizar partes da silva como infusión. Unha alegría para os ollos e a cociña.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: