Inicio » Artigos » ENTREVISTA DE CARMEN ABUÍN PUBLICADA EN “EL PROGRESO” O 10 DE OUTUBRO DE 2010

ENTREVISTA DE CARMEN ABUÍN PUBLICADA EN “EL PROGRESO” O 10 DE OUTUBRO DE 2010

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

– O Domingo das Mozas é unha data especialmente querida polos lucenses. Como valora o feito de que durante a xornada se lle rinda homenaxe a Rosalía de Castro?

É moi importante que Lugo se acorde de Rosalía de Castro no seu día máis grande. Rosalía está moi ligada a esta cidade, que foi xenerosa con ela dedicándolle un dos parques máis antigos e bonitos de Galicia. Sei que Rosalía de Castro é moi querida en Lugo e que algo especial tiña que facer por ela.

 – Vostede é especialmente coñecedora da vida e obra da literata. Que aspectos cómpre seguir estudando?

Cómpre lela e non falar de memoria. Rosalía son moitas poetas nunha e para coñecela ben hai que ler Follas novas, o libro da poeta total: intimista, existencial, solidaria, sarcástica, recuperadora dunha lingua, ecoloxista e feminista avant la lettre, por citar algún dos aspectos interesantísimos da súa obra. Tamén compre profundizar no estudo biográfico, aínda que nisto se teña avanzado moito últimamente. As novas xeracións de estudosos estanse interesando pola súa poesía e tamén pola súa prosa. Elas e eles fan unha lectura moi actual da súa obra e aportarán moito ao seu coñecemento.

 – Influíu sobor da súa obra? En que sentido?

Eu nacín como poeta da man de Juan Ramón Jiménez, de quen me custou liberarme. Pense que nos meus tempos a escolarización era en castelán e só coñeciamos os nosos clásicos por influencia familiar. Cando xa me liberei do de Moguer e fun eu mesma, entrei en contacto con Rosalía, da que sempre se aprende, e cativoume outravolta. E sigo a aprender en cada lectura. Fixen un libro en diálogo con ela, Rosalía no espello, e máis tarde, en compañía de Xesús Rábade Paredes, o meu home, fun tamén a súa tradutora. Despois de ter profundizado tanto nela, non hai maneira de non te sentires influída.

 – En tempos como o actual nos que os galegos volven a plantexarse a emigración, segue estando vixente esa morriña que caracterizou boa parte do seu legado?

Horrorízame a palabra “morriña”. Aplicada a Rosalía é perigosa por reducionista. Os seus poemas sobre a emigración quizabes sexan on máis adiadon da súa obra, non só pola emigración galega, que nunca rematou, senón polos movementos migratorios que carácterizan o mundo de hoxe, por todos aqueles que “noutra terra tén que buscar pan”.

 – Rosalía foi unha precursora do feminismo. Estaría satisfeita dos logros acadados?

Supoño que se vivise hoxe non. Hai moito que camiñar ata a igualdade, que afecta a aspectos moi profundos. Unha herdanza de tantos séculos non se remove doadamente.

 – Este ano corresponderalle a vostede ler a ofrenda, un labor especialmente difícil tendo en conta todo canto representa a figura da poetisa e todo canto se ten exposto xa sobre ela. Que aspectos destacará?

Que se cumpren os 125 anos do seu pasamento, pero que vive na Casa da Matanza. Que a súa lectura é operativa para nós e que a necesitamos máis que nunca porque as causas polas que ela loitou seguen necesitando a nosa defensa.

 – Participara noutras ocasións da ofrenda?

Dalgunha maneira tomei parte na do ano do centenario da súa morte, en 1985.

 – Vostede é natural de Becerreá e, polo tanto, coñecerá perfectamente as festas do San Froilán e mesmo atesourará na súa memoria anécdotas ligadas a estas celebracións. Que lembra con máis cariño?

Aquelas columnas “E Pelúdez dixo” en El Progreso.

 – Evolucionaron moito as festas? Se estivese na súa man, que aspectos recuperaría?

Practicamente non asisto a elas desde as memorables xornadas que organizaba o alcalde Vicente Quiroga, “Os escritores lucenses arredor de Fole”. Se eu tivese capacidade de decisión, restauraríaas como honra ao gran narrador e vencello anual dos lugueses e luguesas que facemos cultura.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: