Inicio » Creación » FESTA DA PILARICA

FESTA DA PILARICA

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Hai hoxe moitos anos.

A nena acompañou ao papá a tocar o acordeón para que a Benemérita fixese a festa da Pilarica. O acordeón estaba mudo, pero os dedos do papá non esqueceran como facerlle soar coa alegría que el non tiña, que a casa non tiña. Porque había alguén tirado nunha cuneta e a ferida doía moi adentro e moito tempo.

A festa era nun café. A nena soña moitas noites con aquel café sen recordar o que. Aquela tarde impresionouna moito.

Un garda civil andaluz tróuxolle un bocadillo e a nena foi dándolle por ambas puntas ata que cansou de comer pan.

O garda volveu pasar e preguntoulle se non quería máis. Ela dixo que non. Ía retirarllo e deuse conta de que non chegara ao bisté, que era moi pequeno. Quitoulle un cacho de pan máis por cada punta e volveullo dar.

Daquela gustoulle e acabouno.

O papá tocaba pezas moi bonitas. Máis tarde sabería que eran tangos. Tangos con letra triste como estaba o papá cando viñeron chamalo e dixo que había que ir.

Cando volveron, deitárona. Tardou en durmir pensando que eran bonitos os tangos.

E era moi fea a tristeza.

Onírico

 

Advertisements

2 Comentarios

  1. adriana di:

    Hermoso, poético, onírico…revuelo de sentimientos en torno a las cicatrices de una corteza…Bicos Helena!!!

    • Querida Adriana, ese é o sentido do título. Tirar do fío dos recordos e recompoñelos no gran puzzle que son hoxe. É un pracer terte como lectora. Non domino moi ben a mecánica aínda deste medio, pero a ver se hoxe vou colocando as vosas páxinas ou blogues nel. Unha grande aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: