Inicio » Creación » POR UN CALDO DE REPOLO

POR UN CALDO DE REPOLO

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

 O octoxenario repite cada pouco que é domingo lardeiro.

“¡Que noxo!”, di o rapaz a media mañá, aínda que o avó anda coa leria desde antes de ir plantar o repolo que metera na gabia esperando que estiñase. Tén saúde de ferro, pero non se quere mollar.

O repolo xa non gusta na casa. Din que infla a barriga, pero el relouca por comerlle o caldo.

O neto segue a xogar no ordenador que lle mercou polos Reis. A curmá da vila chámalle anticuado por non estar na rede e xuntos ordenan hoxe cómo pedir internet durante o xantar. Malo será que falle o avó. Pero o avó confunde internet cunha comida rara e louva as excelencias daquel cocido  como Deus manda. Os outros fan que esbican as fontes e recórdanlle que lle dará colesterol, tensión  e ácido úrico.

O neto toma asado. A curmá, as salsichas vienesas que trouxo súa nai. O resto fártase de ensalada. Gran parte daquel cocido irá ó bandullo de Nelson, un can que vair comer coma un crego.

A filla marcha antes do café, que a precisan onde traballa as findes para atender a un enfermo. Cómprenlle extras. Debe pagar coche, lavadora e lentillas para o rapaz. Negouse a poñer gafas e non se enteraba de nada. Os estudos vanlle mal coma antes pero, cando menos, agora ve… Quitado el, todos traballan no que se pode. O xenro mesmo anda ilusionado cunhas oposicións á Xunta.

A neta maior respondeu onte a un anuncio. “Búscase universitaria para coidar un neno en réxime interno”. A ver se a aceptan, aínda que o octoxenario se cabreou moito. “¿Logo os estudos que che paguei non serven para nada?”

A máis nova, que sacaba o caldo no seu punto, traballa nunha tenda de moda. Nótaselle ben: tan peiteada, tan pintada, tan delgada… O avó tróuxolle o coche e págalle as clases de inglés. “Hoxe non se pode andar pola vida sen dominar o inglés, avó”.

O octoxenario non entende diso, pero gústalle o caldo de repolo. E ben deitará de tela contenta, se o quere volver catar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: