Inicio » Artigos » NUCO, O ESCULTOR ÉTICO

NUCO, O ESCULTOR ÉTICO

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

 

O embarazo da Terra

 

Visitando a mostra que o escultor Nuco ten na Casa da Cultura de Porto do Son desde o pasado venres, vese que o rianxeiro fai un traballo ético, ademais de artístico. Tíñanos afeitos aos coñecedores do seu museo De Nós, Nuco á evolución dun autodidacta que chegou a adaptar os temas aos diferentes materiais, a intelectualizar a arte, a superar etapas, a mesturar expresionismo e simbolismo, e a pasar paulatinamente da arte figurativa á abstración cara á que parece ir de camiño.

 Pero o que distingue esta exposición, de algo máis dunha vintena de pezas na súa maioría de pequeno formato, é a marca dun fito ético na súa produción, a súa postura crítica e comprometida ante os grandes problemas que ten o planeta e a deriva á que chegou o comportamento da nosa sociedade coa terra e co próximo.

 Nuco estivo coa realidade circundante e coa vila de Rianxo desde que decidiu compaxinar a creación co traballo profesional relacionado coa navegación. A súa primeira produción fórmana un conxunto de personaxes, maioritariamente rianxeiros e en calquera caso galegos, construídos con pedras de granito labradas por augas mariñas e fluviais que lle prestaban as formas que combinaba. Despois xurdirá a representación dos oficios, dos diversos roles sociais, da emigración e dos sentimentos, que son a principal fonte temática da etapa na que utiliza como materia a barra de ferro moldeada. Frecuente é agora a escultura grupal, o gran tamaño e o uso de apeiros do traballo agrícola e mariño para complementar as formas e dar amplitude aos contornos. Todo este traballo segue a estar feito desde un compromiso induvidable co seu pobo, coa súa cultura e coa súa xente.

 Na terceira fase desta evolución, aínda en proceso, as figuras cobran volume coa fibra de vidro e adquiren coloración monocroma. Cada obra, ao mesmo tempo que se reduce en tamaño, aumenta en semántica e achégase á abstración. Referíndonos á exposición temporal que nos ocupa o núcleo fórmano pezas-capítulo dunha historia. Con valor independente, constitúen un diagrama temporal que explica o desenvolvemento do universo desde o Big Bang ao futuro da humanidade, rexenerada tras unha nova fecundación do planeta. Entre os extremos, están a Terra –única escultura con movemento-, a cultura, os mitos e a (in)civilización que se destrúe e acaba co medio ambiente.

Advertisements

2 Comentarios

  1. Os grandes artistas nacen e, instalados na vida e comprometidos na súa evolución, van perfilando as súas obras e “reciclando” as súas inspiracións. Poidera ser o caso de Nuco, este xenio autodidacta, cos visións propias, sazoadas nas experiencias, acuñadas por moitos variadas impresións. Vexoo instalado nos soños-realizables dun mundo mellor, dandonos testemuña deles en moitas maleabilidades e ductilidas das súas obras escultóricas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: