Inicio » Manifesto » ESCOLA E RURAL

ESCOLA E RURAL

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Porta de entrada, en idéntico estado que hai cincuenta anos.

Porta de entrada, en idéntico estado que hai cincuenta anos.

Fragmento da conferencia pronunciada en Quintá de Cancelada, 50 anos despois, invitada pola asociación CASTAÑO Y NOGAL, o día 29 de outubro de 2011

 (…)

Se miro hoxe aquela escola sinto calafríos: un local alugado, paupérrimo, frío, con ratos que bulían tras do encerado e buratos no piso que impedían usar braseiro polo perigo de que as brasas caesen na corte das vacas, que nos proporcionaban a única calor da que dispoñiamos. No indigno habitáculo que hoxe sería impensable como lugar de traballo de ninguén, o alumando e mais eu exprimiamos a fondo a xuventude e a ilusión. Criamos na educación como motor de cambio. E teremos que volver crer nela se queremos remontar as dificultades que se lle presentan a nós e ao mundo.

Mais o sistema educativo da época era tamén desastroso. Porque eu tiña que vos ter escolarizado na lingua que falabamos vós e mais eu e na que eramos analfabetos a profesora e o alumnado. O meu primeiro libro, que empecei a escribir aquí, estaba escrito nunha lingua na que eu non expresaba os sentimentos normais, nin soñaba, nin quería aos meus. A conquista da miña lingua para escribila foi o primeiro cambio que eu dei para ser a persoa que hoxe que son: que quere o país dos antepasados tal como é e non convertido no que tampouco nunca chegará a ser. Se Galicia desaparece como pobo –e quen mellor a sustenta como tal son a lingua e a paisaxe-, non será tampouco Castela. Se Cancelada desaparece como paisaxe e como realidade cultural, ao mundo enteiro falataralle unha parte importante de si mesmo.

Mais para dar este paso foi necesario aprofundar na educación. Non se deixa de ser pobre por falar outra lingua nin por abandonar o rural. No momento de maior pulo do inglés, os pobres e os marxinados de alí falan a lingua que aquí parece ser a solución para todos os problemas e para eles non o é. O triunfo non está na lingua que se fale. E divos isto quen se pode expresarse en catro, que non se trata de non saber idiomas senón en se asentar no propio como nos asentamos nunha terra sen desprezar outras nin deixar de viaxar cando temos ocasión.

Mentres Galicia estaba preocupada en ensinar aos fillos outro idioma para que prosperasen fóra como se estivesen condenados a marchar, deixou perder as mellores oportunidades de que vivisen no territorio propio con dignidade aproveitando as  posibilidades deste rincón do mundo no que a xente maioritariamente se resigna a aceptar o que lle boten. Castelao dicía que os galegos non protestan, emigran.  (…)

Mentres o sistema educativo se preocupou a partir dos anos setenta do pasado século de concentrar o alumnado de Galicia nas vilas, apartándoo da súa contorna, facéndolle percorrer quilómetros diariamente en coche cos seus perigos, desafacéndoo de comer os seus produtos e preparándoo para pensar que as vilas e as cidades eran a mellor solución das súas vidas, os gobernos non se preocuparon con tanta axilidade de desenvolver o mundo rural para que a xente puidese vivir nel da mellor maneira que  o clima, a terra e a orografía llo permiten. 

(…)

Advertisements

4 Comentarios

  1. adriana di:

    Me emociona mucho este texto, me recuerda muchas cosas que me contaron mis padres de pequeña. Un abrazo Helena!!

    • Alégrame moito que vos diga algo este texto a xente máis nova que viviu outras realidades. Haberá que aprofundar nestes recordos e na súa análise. Este blog foi pensado tamén para iso, de aí o nome: tirar do fío do novelo da experiencia vital que fomos envolvendo. Unha aperta.

  2. Charo ( Vázquez) di:

    Un texto con tanta tenrura, tanto amor polo noso, e tanto non querer darnos por vencidos,… Precísanse persoas como vostede que nos eduquen ( tamén aos maiores) en dignidade, para contrarrestar.
    Graciñas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: