Inicio » Artigos » VIAXE POLA RIBEIRA SACRA

VIAXE POLA RIBEIRA SACRA

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

San Pedro de Rocas

San Pedro de Rocas

 

Iniciamos viaxe pola Ribeira Sacra para ver o románico. Fomos provistos dun texto de Emilia Pardo Bazán proporcionado polo profesor González Herránz, que non podía ser máis oportuno. Publicado en El Imparcial en 1890, fala dunha súa “peregrinación a San Pedro das Rocas”. Prosa coidada e limpa da escritora andarega que anima a achegarse a un monumento dos máis sobrecolledores que iamos atopar en dúas xornadas á cata de emocións estéticas e tamén vinícolas, aínda que a min non se me dá polo viño. Monumentos e paisaxe –incluído o canón do Sil- son un aliciente para convivir en harmonía e coñecer mellor un país que paga a pena percorrer en calquera dirección.

A montaña de Ourense non arrecendía coa fragancia que describe a condesa, pola gran seca. Polo contrario, había sospeita de chamosco suscitada polo fume que saía da terra calcinada, ás veces alpeirando en fumaredas vivas baixo a atención dos militares que acompañaban unha ringleira de coches do exército á  agardando da evolución dos lumes.

Tras deste singular vestixio dos eremitas que buscaron os arredores do Sil e o Miño para meditaren, foron outros mosteiros e igrexas quen nos agardaban para espertar a nosa admiración polo románico que, en moitos casos, recibiu a superposición de estilos ata ao barroco e mesmo o feísmo, tan de noso. Iso si, é unha beleza que descobre a decadencia propia, a subordinación aos intereses foráneos e a desfeita. Estas viaxes serven tamén para suscitar a reflexión histórica. É doado ver a través do mosteiros a perda da autonomía a favor de Castela e o comezo da decadencia do poder económico, cultural e social de Galicia.

Outra fermosura é a cor avermellada das viñas, aínda que os vinateiros se queixen de que as cepas non terán descanso abondo por andar aínda con tanta folla. E sono tamén os ventos mainos que dunha pasada tiran castañas e noces. Nos arredores de Santa Cristina de Ribas de Sil e de San Cristovo de Ribas do Miño, agasallounos cunhas castañas xa case a medio curar que roemos ben de gana. Fronte a igrexa de Diomondi, mutilada con mentes de lle adosar un palacio episcopal polo lado esquerdo e de cuxas pedras labradas quedan mostras nas paredes dos arredores, veu un sopro que nos encheu as mans de deliciosas noces. O tal para recitar aquel sabio refrán do outono: “Vente, ventiño, ¡veña!./ E quen non ten, que teña”.

Advertisements

4 Comentarios

  1. adriana di:

    Qué placer de recorrido por esos lugares que parecen fotografiados en tus palabras. Un abrazo Helena!!

  2. adriana di:

    Sería maravilloso, Helena!!!! Bicos 🙂

  3. Aínda nos queda moito tempo -incluso a min- para facer cousas xuntas. Xa verás. Boas noite.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: