Inicio » Gastronomía » BULLÓS CON LEITE, CEA DE SAMAÍN

BULLÓS CON LEITE, CEA DE SAMAÍN

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

En canto pechou a noite puxémonos a pelar castañas, para a ocasión “de parede”, que é das que comeron sempre. Na lareira as lapas alumean de xeito especial a estancia á que xa van chegando mulleres e homes que nos precederon na vida e na morte. As castañas agardaron no souto para protagonizaren a noite que une o mundo e o trasmundo. Hogano fómolas buscar aos Ancares e traen a forza telúrica da paisaxe e da terra. Elas saben que as chamaremos bullós para as comermos con leite. Son as de sempre e están orgullosas de lles quitaren a fame nos longuísimos invernos aos que hoxe veñen convidados.

Ferveron ataviadas coa súa pel máis próxima e adubiadas con sal e uns grans de fiúncho que acentuarán a súa dozura, achegándoas case a sobremesas. En canto unha se deixou atravesar polo coitelo, escorrémolas e levámolas á mesa, acompañadas dun xarriño de leite a temperatura ambiente.

Os visitantes colocáronse cabo de nós e comeron nas nosas cuncas. Cos bullós tapados para que non enfriasen, iamos collendo pequenas candidades que pelabamos coas mans e deitabamos esfarelados no fondo das cuncas. Vertiámoslles leite por riba e comiamos unha porción para empezar outra axiña… Así fomos repetindo o rito mentres durou o manxar morno e ancestral, aglutinador de corpos e de espíritos, nunha noite de encontros en silencio, de supervenvivencia, recordo e gratitude.

Os espíritos foron marchando de paso que as lapas baixaban ao borrallo. E puidemos sentir nas nosas frontes o sopro benefactor que deixaban ao seu paso.

Advertisements

6 Comentarios

  1. Ai! que ben me souberon. Contáchelo tan ben que mesmo as estaba a saborear.
    Parabéns por este blog.

  2. Zeltia di:

    Emocionoume. Os da casa, de antes, son pouco guiados e escollen noites de verán estreladiñas e quentes para vir ás cereixas e comelas directamente da árbore, coma os paxaros. Menos miña nai. Miña nai volve á cerradiña da noite a meter uns pexegos no mandil polo mes de setembro.

  3. Graciñas, Zeltia. Mentres teñamos estas crenzas no corazón, comendo bullós, cereixas ou pexegos hannos visitar e darannos a súa quentura. Ninguén morre de verdade se outro non o deixa desaparecer. Aperta fonda.

  4. adriana di:

    Imposible no encariñarse con lo que escribes y contigo, querida Helena. Todo lo que haces tiene calor de hogar y sabores de la tierra. Un abrazo!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: