Inicio » Gastronomía » ¿QUE FACEMOS CUN PAN DE CANCELADA?

¿QUE FACEMOS CUN PAN DE CANCELADA?

Novembro 2011
L M M X V S D
« Out   Dec »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Este enorme pan -non lle calculo o peso, pero está nunha fonte grande- é froito da mestura de centeo e trigo, amasado á man, cocido en forno de leña varrido con xesta, temperado na cocedura, denso, moreniño, equilibrado e resitente ao tempo máis aló da semana.

Os tres ou catro primeiros días é delicioso con calquera compango. Non coñezo alimento co que non acaia. De forcado ou de culler, salgado, doce ou picante, calquera cousa que se acompañe cunha talladiña deste pan ve multiplicadas as súas posibilidades gastronómicas nunha simbiose da que que todos saen gañanciosos.

Algo máis adiante, é aconsellable pasalo pola torradeira, que lle dá testura nova e o aroma apetecible do pan quente. É tamén o momento de convertelo en sopas de allo –se hai auga de cocer repolo ou coliflor para estas sopas serán unha delicia- ou nunha versión enxebre, escorridas as finas rebandas daspois de as cubrir con auga fervendo, coroándoas unha magra de xamón e un ovo partido, todo e cuberto coa calor dun bo rustrido.

Camiñando cara o fin, chégalle o punto de pasar pola tixela en picatostes para o chocolate ou en rebandas para termar duns ovos estrelados coas meixelas coloreadas por un chisco de pemento.

PAN DE CANCELADA

PAN DE CANCELADA

Se os restaurantes coidasen con esmero a gastronomía do pan, este de Cancelada sería un catro estrelas nas súas cartas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: