Inicio » Artigos » A CAMISA DO HOME FELIZ

A CAMISA DO HOME FELIZ

Novembro 2011
L M M X V S D
« Out   Dec »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Dixo don Mariano Rajoy na Coruña que unha señora lle pedíu que nos devolvese a felicidade. Boa petición a da muller. A ser felices é o que aspiramos a grande maioría das persoas. Non estivo mal tampouco o aspirante á presidencia do goberno ao prometer devolverlla a ela e a todos nós. Os políticos algo han prometer metidos en campaña. Hai costume de contratastar o resultado da xestión coas promesas e, como a felicidade é  tan subxectiva que non hai parámetros para cuantificala, as comparanzas despois son imposibles.

Incluso farían todos ben en prometela e máis cando se adoita contrapoñer a felicidade e a riqueza, que é medible, comparable, susceptible de ser tratada pola estatística e anda fugada para millóns de xente. Terán escoitado con frecuencia que os cartos non dan a felicidade e aínda hai que cre que os pobres son os que, paradoxalmente, gozan de máis ventura nesta e na outra vida.

A felicidade é moi doada de ofrecer, de repartir e ata de ser teoricamente anticipada. Nas festas de Nadal abúsase da palabra felicidade sen tasa. Nos recordatorios da miña primeira comuñón puxeron, segundo o uso, que era o día máis feliz da miña vida. Pola contra, roubáronme o único paraugas que había na casa mentres me confesaba. Na misa da comuñón pisáronme o veo e tiven que o levar roto na procesión do mediodía con desgustos. Aínda sendo nena piadosa, vin que non se cumpriu o augurio.

Nos contos populares, didácticos e morais para suplir a educación que non se lle daba ao pobo, a felicidade vai tamén unida á pobreza, quizabes para evitar a cobiza e curarse en saúde de non ter. Cando príncipes e princesas casaban despois de viviren unha chea de peripecias obstaculizadoras do xuntoiro acababan felices, pero non falan estas historias do produto interior bruto, a prima de risco, as cifras de paro, nin da crise na gobernanza.

A FELICIDADE

A FELICIDADE

Entre estas narracións, a máis explícita é a do rei que enfermou e os curandeiros opinaron que só podería porse ben coa camisa dun home feliz. Daquela botáronse os emisarios ao camiño para buscalo e pedirlla en ben da saúde do monarca. Apareceu un velliño que confesou selo inmensamente. Cando lle pediron a camisa, dixo que non a tiña porque era moi pobre. O conto non especifica que foi da saúde do rei, pero si aconsella que o mellor que se pode prometer nestas eleccións é a felicidade ao clásico modo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: