Inicio » Creación » A PEIXEIRA

A PEIXEIRA

Novembro 2011
L M M X V S D
« Out   Dec »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

PEIXERÍA

PEIXERÍA

-A ver, señora. Obedeza dunha vez e non me enfade.

-¿O que?

-Faga o que lle acabo de mandar, ande. Deixe de retorcerse e levante o trapo.

-O que está baixo do trapo non é nada.

-Xa sei que non é nada, pero levánteo.

-Pero se non é nada, ho. ¿Que ía tapar eu con ese pano?

-¿Quere que pasemos dentro do mostrador e a ver que máis aparece?

-Se non é nada…

El fai que entra e ela ergue finalmente o trapo.

-Non era nada, pero a min parécenme cariocas antirregulamentarias.

-¿Que quere dicir?

-Ben sabe o que quero dicir. ¿Non le os carteis? Isto non se pode vender.

-Xa non as vendo, señor.

-¿Como que non as vende? ¿Para que as ten aí? ¿Quérenos facer parvos?

-Non, señor. Iso estaba no bandullo das rabadas e saíu ao abrilas. Tíñao para os gatiños dunha clienta.

-Conque para uns gatiños… ¿Que che parece?

O outro segue mudo.

-Isto non ten venda, señor. ¿Ou non o ve? ¿Compraríamas vostede?

-Eu vexo todo. Claro que vexo. A ver, ho, entra aí e pésalle o lote.

-¡Pésalle o carallo!

-¿Como di, señora? ¿Vostede sabe o que di e a quen llo di?

-¿E logo non podo dicir carallo, se me apetece?

-Pois non, mire por onde.

Ela fai cruces no peito:

-¡Xesús, María e Xosé!

-Este carallo vaille custar catro mil euros por riba do que resulte das medidas.

-¡Pero se ata o di Reixa pola televisión! Fai un sol de carallo, fai un sol de carallo. E repíteo dúas veces.

-El pódeo dicir e non pasa nada. Pero o seu é un carallo de desacato.

-Xesús, Xesús… Con todos os meus pecados…

El ao outro, que segue mudo e quieto:

-Entra aí. Pesa e apunta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: