Inicio » Artigos » O ABANDONO DO RURAL

O ABANDONO DO RURAL

Novembro 2011
L M M X V S D
« Out   Dec »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

 

A Galicia élle necesario buscar solucións urxentes para deter o abandono do rural. Na alta montaña luguesa, hai que protexer tesouros herdados (casas de pedra, muíños, ouriceiras, batáns, arboreda autóctona, costumes, gastronomía…) e preparar aos moradores para sacar desta riqueza solucións económicas. Hai que darlles seguranza de que o que consideran causa do seu atraso é consumo apetecido pola sociedade máis avanzada. Cómpre unha acción pedagóxico-política que valore a contorna e a desenvolva de acordo coas característica dun habitat tan especial.

A nosa paisanía non é menos intelixente que a asturiana. Non está establecida en peores terras nin ten condición climáticas máis adversas. Pero aquela poboación atopou o modo de vivir dignamente onde o fixeran os antepasados. Se miramos a Europa, ao pé dos Alpes, o inverno cobre de neve as aldeas e paraliza as súas actividades, mais a xente aprendeu a utilizar a neve como riqueza turística mentres ten estabulado o gando e durmidas as terras. O mundo rural europeo buscou solucións e a nosa montaña non pode quedar á marxe porque non merecer morrer como habitat humano nunha valiosa paisaxe.

Ninguén dubida de que se precisan cambios que nos fagan máis solidarios, máis adaptables aos mesmos cambios inaprazables, máis escrupulosos en respectar os dereitos do próximo e en asumir as obrigas cidadás buscando solucións éticas e colectivas para os problemas. Mais os cambios que prosperan son a perda dos valores culturais e do patrimonio herdados, a substitución do propio polo alleo, a resignación a que nos manexen os poderes económicos, se incumpran as promesas e se abandonen os deberes. O resultado de todo isto aplicado a unha terra de difícil mecanización pola dura orografía anuncia a curto prazo a súa conversión en poula verde e, como moito, un lugar de regreso vacacional dos emigrados.

Quintá de Cancelada

Quintá de Cancelada

Que nunha parroquia de 24 quilómetro cadrados non haxa máis que un neno menor de doce anos é un sinal inequívoco de deshabitación a moi curto prazo. A soedade deste meniño non é máis que un anticipo da soedade da terra. Entre tanto, aí esta a desconfianza dos  vellos e o cansanzo das persoas próximas á xubilación que están mantendo as casas abertas coa sospeita de seren os derradeiros habitantes duns lugares que para as miradas alleas parecen un paraíso.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: