Inicio » Artigos » VIAXE EN TREN

VIAXE EN TREN

Novembro 2011
L M M X V S D
« Out   Dec »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Nalgún tren, como nos avións, tes a alternativa de adquirir dúas clases de billete, un máis luxoso e outro máis vulgar. O billete luxoso do tren chámase de clase preferente e o máis barato, coincidindo co dos avións, de clase turista. As persoas que se moven para traballar e non teñen excesos económicos acaban indo de turistas pola vida e de por vida. Todos somos iguais na teoría, mais na práctica, os viaxeiros que soben ou se apean teñen marca de clase polo vagón que os usan. Peor era antes –antes para min son, cando menos, cincuenta anos, claro- cando había tres estatus de vaixeiros e os do último ían sentados en banco ou nas maletas repartindo comida de friameira. Aqueles entrañables coches destartalados eran lugar de ágapes colectivos e xenerosos precisamente entre quen menos tiñan.

Como vas de turista, acabas interpretando este papel mentres non chegas ao lugar de traballo. Incluso botas de menos non levar, como as mozas que van ao teu carón, un bocata de pan con aguacate, que unta e mola. Os turistas andan cansos e ti non tes máis remedio que facer que adormeces de cada pouco simulando espabilar cando os topónimos avisan da próxima parada. E volves mirar pola ventá para interiorizar a paisaxe que se fuga. 

Cando a máquina para, abenzoas non ser fumadora para non baixar ao andén matar a ansia. Agora bótaslle a mirada ao edificio onde está rotulado o nome que acabas de oír, A Rúa Petín. E chama á túa atención unha pintada: “A burocracia é como unha bicicleta sen rodas na que todos pedalean para que non se mova”. Sacas o teu bloc de notas e escríbela para non a esquecer. Nunca se sabe onde está a sabedoría.

Ribeira SacraTodos temos unha débeda con ese tren que nos leva e que nos trae. Manuel Curros Enríquez escribiu en Aires da miña terra (1880) un poema recoñecéndolle o seu papel de revolucionario comunicador: “Na chegada a Ourense da primeira locomotora”. Velahí ven, velahí ven avantando/ cómaros e corgas, e vales, e cerros. / ¡Vinde vela, mociños e mozas!/ ¡Saludaina, rapaces e vellos!/ Por onde ela pasa/ fecunda os terreos,/ espértanse os homes,/  frolecen os eidos. Por iso a estación do futuro AVE en Ourense debe levar o nome do poeta como homenaxe ao gran cantor que saudaba o progreso. Así o ven solicitando desde hai uns meses a Fundación que leva o seu nome, se ocupa da súa casa e espalla a súa obra. E así queda dito aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: