Inicio » Creación » Fotografia » MARMELADA DE LEPISTA NUDA Á MIÑA MANEIRA

MARMELADA DE LEPISTA NUDA Á MIÑA MANEIRA

Decembro 2011
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Lepista nuda

INGREDIENTES PARA DOUS TARROS MEDIANOS

600g. de lepista

400g. de azúcar

Zume de medio limón e un anaco da paraza sen a parte branca

1 pau de canela.

Se os cogomelos están mollados, colócanse unhas horas antes de os pesar sobre un pano de algón que vaia riba dun periódico. Así perden humidade.

Xa pesados, córtanse en anaquiños e colócanse nunha pota de aceiro co resto dos ingredientes. Déixanse unhas 12 horas a amolecer na neveira para que se desenvolvan os sabores.

Póñense a cocer sobre unha hora e media, dándolles algunha volta.

Quítase a carapela de limón e o pau de canela e pásaselles a batedora, sen deixalos demasiado desfeitos (ao gusto de cadaquén).

Métese a marmelada directamente do lume nos tarros estirilizados, tápanse ben e colócanse no mármore do mesado boca abaixo para que pechen hermeticamente co cambio de temperatura. Tamén se poden cocer ao baño María, que é como se fai habitualmente.

Cando enfrían, gárdanse en lugar fresco e seco.

MARMELADA CASEIRA DE LEPISTA

MERMELADA CASEIRA DE LEPISTA

Esta marmelada ten que casar moi ben con caza e aínda con carne de porco á prancha ou á grella. Teño que o comprobar, pero dáme no nariz que si.

Advertisements

4 Comentarios

  1. maria di:

    Ten unha pintaza! Eres unha artista (na cociña, tamén)

  2. Helena Villar Janeiro di:

    Terás que vir probala un día. A min deixoume satisfeita. Aperta grande, María.

  3. E o mesmo que a miña per con cantarelos cibarios….o seu afroitado faino delicioso s diferente, leva os mesmos ingredientes……beisos Yoli…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: