Inicio » Creación » TRISTIA

TRISTIA

Decembro 2011
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

SOUTO DO CANGREXEIRO

SOUTO DO CANGREXEIRO

 

Parce mihi, nunquam versificabo, pater!

Ovidio

 

Xa se acabou o roce canoro dos paxaros

nas ponlas estiradas que espidas adormecen

e acougadas as follas das apertas do vento

dispostas a morrer, molladas enmuden.

 

Entre os pasos e a terra sepúltase a memoria

dos días en que a vida brillaba alegre ao sol

pero insistiu a chuvia en acabar coa folla

e sepultar os gozos do tempo que pasou.

 

Cecais se borrasemos a palabra tristeza

que xoncendo os poemas vai no noso fardel

nós tamén seriamos como árbores espidas

que ven chegar o inverno pero non pensan nel.

Advertisements

2 Comentarios

  1. Precioso! non teño palabras…

    • Como artista, querida irmá da alma, sabes que hai momentos nos que podes expresar sentimentos que a ti mesma te asombra a fluidez coa que saen e as raíces de ti que sacan fóra. Foi unha desas tardes tristes e afortunadas. Unha aperta grande.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: