Inicio » Artigos » A CELEBRACIÓN DOS CARTOS

A CELEBRACIÓN DOS CARTOS

Decembro 2011
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Santiago de Compostela. Praza do Obradoiro

Santiago de Compostela. Praza do Obradoiro

Da mesma maneira que os pastores de Belén ían cara o pesebre, a xente achégase agora ás administración de lotería, que poderían ser o símbolo moderno do becerro de ouro. O Nadal é unha celebración múltiple que se move entre dous polos: a representación da pobreza do pendello nos nacementos e o despilfarro das mesas suntuosas, os traxes elegantes, os perfumes carísimos, as uvas e o champagne con ouro moído. Pásase da miseria ao percebe ou ao meixón con total naturalidade.

Son tantos os días que dura a festa que se presta a moitas acollidas. As nosas aldeas están cada vez máis cheas de papanoeles colgados nas fiestras que empezan a cubrir de plástico agrario negro para os resgardar dos efectos da chuvia, que adoita ser pertinaz. Así que ao lado da festa oriental inspirada no cristianismo, con pendello, pastores Herodes e adoración dos Reises, aparece tamén a celebración inspirada na natureza, coa árbore de luces rodeada de neve e un señor gordo e colorado que ven con reno veloz e hohohohó ás portas dos centros comerciais. Entre esta manifestación e a primeira van pasando quince días de agasallos cruzados, que hoxe se estenderon a todas as clases sociais. Unha das traxedias que escoito confesar estes días aos que se ven seriamente afectados pola crise é que non poderán mercar xoguetes para a súa xente miúda. En Nadal hai que quererse por decreto á marxe do que pase o resto do ano e o cariño parece medirse mellor por agasallos.

Pero cadaquén vai ao seu e, como moito, algunha familia pon un pobre na súa mesa, costume herdada que na verdadeira noite do natalicio alcanza rango da elegancia como un candelabro de prata ben brunida. Uns días máis adiante cambia o ano e aos vellos ritos de transición sucedéronos os traxes de luxo en ambos xéneros para lucir nos reveillóns, unhas uvas de recente importanción, aínda que ben arraigada, con sidra, cava ou champagne, segundo as posibilidades económicas, que aínda en tempo fraternal marcan distancias.

Desde que vin en México DF un desfile de Nadal anunciado a Coca-Cola que encandilaba a cidade e paralizaba as súas arterias centrais unhas horas creo todo verbo deste tempo que é pura dulzaina mesmo no sentido figurado, porque nos obriga a ser felices ou a quedar mal. E de novo a lotería que abre e pecha o ciclo como se eses cartos caesen do ceo, como se fosen maná.

Advertisements

2 Comentarios

  1. Quão reais são esses pormenores, Profa. Helena, vividos, na maioria das vezes, com ‘perda’ da consciência e da crítica. A mim, costuma acontecer algo muito parecido com o que descrevera. Muito obrigada pela reflexão.

  2. As crianzas xa contan os agasallos recibidos en lugar de gostar deles. E as celebracións do medio están viciadas e son pouco acordes co que din celebrar. Pero é o sinal dos tempos. Por iso hai que deterse a pensar para non sermos devorados polas rotinas. Aperta grande.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: