Inicio » Creación » COA VOZ DA NOITE SEI DA MIÑA TRIBO

COA VOZ DA NOITE SEI DA MIÑA TRIBO

Decembro 2011
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

 

ELA TAMÉN MARCHOU

ELA TAMÉN MARCHOU

NA NOITE DO 34 ANIVERSARIO DA MORTE DE MIÑA NAI

Seguiu a tribo igual,

que non rompeu o ritmo que lle marcara a terra

pola miña chegada.

Ela,

desfeito xa o milagre do seu ventre,

sacábame á noitiña,

púñame na soleira da porta leste

para afacerme os ollos,

contra a coloración da rosa das montañas

que era lila e azul,

a ver a miña tribo

e a ser dela.

Eu zugaba da sombra deses montes

como do leite morno que manaba en silencio

namentres ela sometía ambos os seos

ós prodixios da lúa,

barco sagrado que sulcaba o ceo.

E desfacía risas interiores

canda as restras do pelo

bañándose na noite

para encherse de Venus, soñadora

deses outros espacios

que eran tamén da tribo e que ela vía

por entre o arcano máxico da noite.

Ensinoume a contar polas estrelas,

a nomear o ser de cada cousa coa palabra precisa

e a sementar a voz riba do vento

no caldeirón que queda en harmonía

coas ras, coas carricantas e cos grilos.

Seguiron os anciáns tomando o sol,

torcéndose co peso da propia leviandade,

madurando nos acios das súas mans

como parras no outono

e desaparecendo

na silente chamada que os borraba das portas

e mesmo da memoria.

 

Ela tamén marchou.

Era decembro e foise co desnivo

pola tristeza azul

dun ceo aterecido

sen paxaros.

E apareceu no olor da primavera,

na estrela máis brillante,

sen idade,

con longo traxe de veludo negro,

coa súa voz de noite que asegura

que a tribo segue igual,

que hai signos que conservan ós anciáns

en cada cousa

e que se poden ver os mapas das súas caras

durante o outono

nas follas secas,

e escoitarlles a voz no decorrer das augas

no mes de abril.

Nas hedras da clepsidra (1999)

Advertisements

12 Comentarios

  1. adriana di:

    Fermosísimo Helena !!! Un bico!!

  2. Outro grande para ti, amiga grande.

  3. Gisela di:

    Fermoso Helena, moitas grazas por compartilo.

  4. Graciñas a vós por lle dedicar a vosa atención e cariño. Aperta, Gisela.

  5. manxel alvarez di:

    Agradecido por comparti-la tenrura.

  6. Juana P. Luna di:

    Unha aperta grande e morna esperando que te reconforte, grazas por compartir con nos, bicos amiga.

  7. Kaia di:

    Cantar a dor desta maneira é algo que só alguén coma vostede, dona Helena, pode facer.

  8. Prezada Kaia: As dores repousan, únense a outras percepcións e pódense traballar desde as emocións contidas. Ese libro é unha recuperación desas emocións elexíacas. Moitas grazas pola aprezo deste poema que tanto quero.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: