Inicio » Artigos » DESPOBOAMENTO

DESPOBOAMENTO

Decembro 2011
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

ALDEA DOS ANCARES

Unha das últimas peores noticias para Galicia é o seu despoboamento progresivo e, polo visto, imparable. A nosa demografía vai de mal en peor. Segundo as previsións, perderemos na próxima década arredor de noventa mil habitantes. O despoboamento é sobre todo alarmante no interior das provincias de Lugo e Ourense. Non sei se se pode facer moito por un país que se nega a perpetuarse, pero espero que si, que haberá medidas e sinerxias para parar este desastre. Galicia pasou de exportadora ao mundo de xuventude e man de obra a estar tocada dun mal galopante que pode acabar con ela se non se pon en cura rápida e eficaz. Pasamos de simbolizar a fertilidade con aquel dito de “pariu a nai galega” cando aparecía unha chea de xente por algures, a ser o país con máis baixa natalidade de Europa. Se isto non nos preocupa, mal andamos.

Porque debemos preguntarnos cal é o futuro dun país tan envellecido que ve desaparecer a súa infancia. O normal é pensar na proliferación de xeriátricos atendidos por coidadores da terceira idade, xa próximos a chegar a ela, e unha boa rede de tanatorios e outros servizos funerarios. Pero esto é un negocio decadente. Hai vilas nos espazos máis abandonados polas cegoñas transportistas de bebés que están recollendo as persoas maiores do rural da súa zona e as xubiladas que regresan á terriña para acabar os seus días, mais esta economía, sen renovación, non ten futuro.

Galicia converteuse nun problema semellante aos que resolviamos no bacharelato elemental cun certo crebadoiro de cabeza. Un pozo vaise baleirando porque o desaugue perde máis do que bota a billa e mándase averiguar –era exactamente a palabra naquelas matemáticas- en canto tempo quedará baleiro. Porque a terra de Breogán –que volve coñecer o problema da emigración na súa xente máis nova e mellor preparada- tampouco ten suficiente atractivo económico para recibir inmigración que actúe como unha segunda billa complementaria.

Celso Emilio Ferreiro, coñecedor da nosa diáspora á que dedicou o “Viaxe ao país dos ananos”, falaba no seu limiar de pechar as portas para que non saíse ninguén máis do país, porque “sen a seiva nutricia/ esmorecen as gallas”. Agora xa non se trata de que non saia ninguén máis, senón de que entre xente amañar a nosa pirámide demográfica, nacida ou inmigrada. Porque Galicia non debe desaparecer.

Advertisements

1 comentario

  1. Não vai desaparecer, não. A vontade e os sentimentos de alguns amantes dessa magnífica Nação, sobrepor-se-ão a este triste desfecho. Eu confio que sim.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: