Inicio » Artigos » COUTAR O ANO

COUTAR O ANO

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

TERRAS DOS ANCARES

TERRAS DOS ANCARES

Había nas terras de Becerreá un xeito de despedir o ano do que eu tiven coñecemento na infancia a través dalgunha simulación –xa moi lonxe da seriedade daquel vello ritual cargado de significados– que ás veces facía meu pai para reproducir o que aínda sucedía nunha casa do barrio de Letrún cada final de ano aló polo primeiro cuarto do século pasado.

O señor Alexandro, un viúvo que tiña moitos fillos e fillas, organizaba tras da cea frugal do derradeiro día de decembro unha cerimonia dialogada a carón das táboas que tabicaban a parede do cuarto principal da súa casa. Tan importante cerimonia debía coincidir co cambio exacto de ano, o que non resultaba nada doado. Pola dificultade de precisar a cronometría naquela época –a medición do tempo non só carecía da exactitude que hoxe lle presta a elegancia do cuarzo, senón que se baseaba na presencia de luces, de sombras e de estrelas que ás veces nin se podían alusgar— todo aquel ritual tiña que durar bastante para que, en todo caso, quedase garantizada a coincidencia con ese intre no que se saúdan e despiden o anos novo e vello. Só así surtiría o seu benéfico efecto.

Colocado el dun lado do tabique e a prole do outro, o señor Alexandro constituíase en sacerdote conductor dunha ledaíña á que cumpría responder cunha seriedade da que a rapazada era bastante incapaz. Daquela, raro era que non houbese que interromper e volver atrás a execución da crenza ancestral que acabou arrasada por un vulgar engulido de doce uvas a toda présa e dirixido a distancia.

Como elemento auxiliar estaba a cota dunha ferramenta, case sempre a dun machado, para golpear nas táboas de castiñeiro antes de cada invocación. Tras cada golpe, o acto liberador da palabra máxica que comenzaba cun “vou coutar o ano”, ó que debía responder o coro “vai coutar o ano”. Despois viña o recordo de todos os males posibles que, sen dúbiba, terían acontecido con frecuencia a través dos trescentos e pico de días promovidos, daquela coma hoxe, pola mala xente. “Couto ós ladrós”. “Couta os ladrós”. “Couto ós estafadores”. “Couta ós estafadores”.

Non era doado. Nada levaba escrito, pero tampouco nada malo debía ser esquencido para que non se coase, envolto no imperdoable silencio, por esa regandixa imperceptible que se abría, e se abre, en cada cambio de futuro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: