Inicio » Artigos » CARTA SOLIDARIA ENVIADA A ISAAC DÍAZ PARDO NOS SEUS DÍAS DE DESGRAZA. SÍRVALLE DE HOMENAXE NO SEU PASAMENTO

CARTA SOLIDARIA ENVIADA A ISAAC DÍAZ PARDO NOS SEUS DÍAS DE DESGRAZA. SÍRVALLE DE HOMENAXE NO SEU PASAMENTO

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Retrato de Antón Pulido

Isaac Díaz Pardo. Retrato de Antón Pulido

Benquerido artista comprometido, empresario exemplar, mecenas silencioso, membro egrexio dos Bos e Xenerosos, e entrañable amigo: Preside este lugar onde traballo unha serígrafía que Vde. titulou A conversa. ¿Lémbrase desta obra? Os bustos de tres persoas están a parolar poñendo eses ollos nos que a súa man aprendeu a bordar a expresividade como ningunha outra. O grupo é a representación máis xenuína da nosa xente de terra, da que fixo este país e está chamada a seguir facéndoo e mellorándoo pouco a pouco.

Xa que logo, sempre supuxen que esta conversa só podería versar sobre algo moi de noso, pero non me interesara ata o de agora por saber con precisión que dicían os tres personaxes cos que a súa arte nos agasallou. Leva Vde. feito tanto pola cultura material e espiritual de Galicia, deseñado tantas formas en tantas dimensións e intervindo tan frecuentemente no tecido emocional do país, que esta conversa asinada por Vde. entrou na nosa casa como outras cousas súas e lucíu sen máis a súa fermosura.

Abondaba con apreciar a composición na que sobrancea o azul dos nosos mar e bandeira, valorado por un chisco de amarelo, para saber que tiñamos entre nós a Díaz Pardo, que xa estaba nos pratos, na xerra e nas diversas figuras que adornan a casa.

Pero desde hai uns días, sei do que falan as tres bocas e o que escoitan as seis orellas, porque lles oio laiarse en conversa entrecruzada e intermitente, como se fose unha ledaíña a tres voces que, de cando en vez, me desacouga e entristece. Empeza o da esquerda. “Seica botaron fóra ao Isaac. Primeiro do Castro e despois de Sargadelos. E aínda o querían botar de máis sitios dos que todos sabíamos que eran del”. E a do medio dá unha resposta moi de noso que, non sendo resposta e indo ao trasmundo, dá conta da dimensión do seu abraio. “¡Iso ten que ser cousa do demo¡”. E despois dun pequeno caldeirón musical, intervén a da dereita, como á marxe. “Disque porque é un empresario que non cavila só nos cartos. E que fixo moitas cousas polo país”.

Eles denuncian a súa triste situación á maneira da nosa xente: sacudidos pola incredulidade e resignados ao infortunio. E así llo quero comunicar eu nesta carta, agradecéndolle esa enerxía de que está a facer gala e pedíndolle que non se rinda, porque Galicia segue a necesitalo de verdade.

Advertisements

12 Comentarios

  1. Senén di:

    Graciñas por compartir esta ledicia de carta.

  2. Manolo di:

    Era a representación da bondade e da xenerosidade. Non facía falta coñecelo.

  3. Gracias Helena por compartirla, un perfecto homenaje.

  4. Graciñas a ti, Adriana, polas atentas e cariñosas lecturas.

  5. Juan di:

    Grazas Helena por recordarnos unha figura que nos transmitíu e transmite unha linguaxe abraiante dos seus pensamentos, e estilo de vida.

  6. Charo ( Vázquez) di:

    Tanto el como vostede son grandísimas persoas, artistas Bos e Xenerosos dos que os galegos podemos sentirnos fachendosos.
    Moitas grazas por amosarnos a súa fermosa carta, e sobre todo por terlla enviado en tempos tan difíciles para el,xa que estou segura de que tivo que supor un apoio moi valioso, cheíño de vitaminas para o seu corazón.
    Graciñas outra vez, Helena.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: