Inicio » Creación » UNHA MAÑÁ DE REIS

UNHA MAÑÁ DE REIS

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

RECORDOS DE INFANCIA

RECORDOS DE INFANCIA

O papá encargouse de que non creramos nos Reis.

As mañás dese día abriamos o paquete da madriña sabendo que era ela quen poñía os agasallos. E, ao mediodía, comiamos o cabo do chourizo que colgaba na vara polo que esperaramos varios días. Este era o regalo da casa e sabía como ningún.

Pero unha desas mañás apareceu a dona do bazar que vendía os xoguetes e tróuxolle a meu irmán un piano. Deixáranllo os Reises porque lle gustaba moito a música. Isto era certo e eu púxenme a chorar. Porque a min tamén me gustaba e a señora non sabía que onde hai dous nenos hai que levar dous regalos.

Estrando xa no final da choradura, entru o papá na cociña cunha carta. Tiña o meu nome no sobre, e mandouma abrir e ler.

Era dos Reis pedíndome desculpas por se esqueceren de min e rogándome que admitise un billete que deixaban dentro. Xa non lles daba tempo a comprar nada porque tiñan que se ir.

A letra era exactamente igual que a do papá, a da libreta das medidas dos clientes da xastrería. ¡Preciosa! E eu púxenme contenta de que escribise como os Magos.

O papá recoñeceu que se equivocara. Que os Reis existían e eran xustos. Se facían algo mal, ¡que axiña o amañaban! E díxolle á mamá que me acompañase a comprar cousas para min.

Volvemos para a casa cuns zapatóns, un libro de contos e un moedeiro de charol colorado para gardar a calderilla das voltas.

Aquela mañá crin nos Reis Magos.

Advertisements

8 Comentarios

  1. zeltia di:

    que distintos reis para distintos tempos… (e para os diferentes petos… e, como non, distintas sensibilidades)
    unha anécdota linda para traer nun día coma hoxe.

  2. Anabel di:

    Ai, os papás. Tan incapaces por veces de mostrar os afectos que ata parece que non sinten nada. Pero unha filla, unha filla, consegue que movan o vento para contactar cos Reis. Que non fan os papás por unha filla?

    • El quería ser racionalista. Non deixou que me furaran as orellas e crioume nun ambiente feminista raro nos corenta. Pero aquela choreira puido con el. E eu crin todo aínda que debía andar polos nove ou dez anos. Aperta.

  3. Juana P. Luna di:

    Hoy en día deberían cambiarle el nombre y llamarle Día del Consumismo delirante, mi hijo a día de hoy ya no sabe decir que le regalaron los reyes pues ya no se acuerda debido a la cantidad de juguetes que le han traido. Que tiempos más distintos, lo único en lo que veo yo que se parecen es en la emoción de la espera y en los nervios al ver los regalos envueltos. Bicos Helena, gracias por hacernos partícipes de tus preciosos recuerdos.

  4. Non teño infancia arredor, pero este ano xa oín as recomendacións de que se lles regalase pouco para que se fixasen no regalo non na cantidade. Creo que a crise pode axudar algo na cordura que se precisa. Disfruta dese neno que é o mellor agasallo de Reis, Juani. Aperta.

  5. Quanto vale a inocência!

  6. Fai miragres coma este, prezada Profa. e amiga. Foi un pracer enorme recordalo e escribilo por por primeira vez. Aperta grande.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: