Inicio » Artigos » FOTOGRAFÍA EN BRUSELAS

FOTOGRAFÍA EN BRUSELAS

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

A artista axitadora cultural –tal se di agora de quen fai mover a cultura- Luz Darriba, galega de orixe familiar, volveu a Lugo e, desde alí promoveu actividades como o proxecto Cumulum arredor da muralla, declarada despois patrimonio da humanidade, ou o patchwork Farrapos pola non violencia cara ás mulleres, alfombra de 8.000 metros cadrados na Praza del Obradoiro de Santiago.

Muller comprometida coa sociedade, fundamentalmente coa media humanidade que somos as mulleres, levou polo mundo exposicións, instalacións e montaxes participativas reivindicando con elas as esixencias dos dereitos humanos. Por estes traballos recibiu máis de cincuenta distincións en varios países.

Desde hai uns meses, esta creadora multidisciplinar está traballando en Bruselas onde se encarga dun amplo espazo de arte iberoamericano. Na capital de Europa, empezou axiña a buscar tamén maneiras de promover a arte galega a través de espazos físicos onde creadores e creadores de diversos percorridos persoais e distintas orixes se descubran e se relacionen. E xa botou a andar tan xenerosa empresa colectiva cunha exposición de fotografía, Olladas 2012, colgada na sala de La Tentation do Centro Galego, que foi inaugurada onte coa presenza da europarlamentaria Ana Miranda e moito público. Poderase visitar durante un mes.

A mostra reúne obras dunha vintena de fotógrafas e fotógrafos de Galicia e Bélxica que poñen as súas obras a dialogar nun espazo de cultura non institucionalizada nin mediatizada polos grandes efectos tecnolóxicos. Polo contrario, os visitantes atoparán o traballo persoal de cada artista que intentou mostrar un fragmento da vida, da súa maneira de a observar e de a enfocar, e das posibilidades que explorou para nos transmitir ese momento que pasa a construír un mundo propio e se pretende compartir para acabar o proceso creativo.

Forman este grupo artistas de diferentes idades, expresións e concepcións do traballo que pode conseguirse cunha cámara: Juan Carlos Amadeo, Alfredo Bongianni, Borxa (Julio Leira),  Mercedes Bujan, Luis Engroba, Yamil Fued Koussa, Fernando Gago, Ticiana Ghiglione, Susana López Vilanova, Estefanía Novo, Giovana Pereira, Inma Purriños, Yolanda Purriños, Daniel Reigosa, José Reigosa, Ce Tomé, Carlos Valcárcel, Helena Villar e Mónica Weissel.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: