Inicio » Artigos » CONTRA TODA RAZÓN

CONTRA TODA RAZÓN

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

A morte de mulleres a mans das parellas acontece contra razón. Na cabeza na que se planifica tal crime debe entrar un dragón que aniquila de forma sanguinaria non poucas veces en presenza de fillos menores. Esta traxedia, a máis despiadada que poida darse, non está ligada nin á clase social, nin ao nivel de estudos, nin á idade do verdugo. Se non erradicamos este terrorismo doméstico, vivimos nunha civilización enferma. Fracasou a educación familiar, exercida maioritariamente polas mulleres, e a institucional que hai décadas promove a igualdade entre xéneros. E fracasan as leis e as medidas que tentan prevevenir  esta crueldade.

Cando escribo este artigo, os feminicidios en España xa foron seis neste ano e, por primeira vez, ningunha asasinada era estranxeira nin presentara denuncia. É a cifra máis alta no mesmo periodo desde que hai estatísticas. As raíces nas que se asenta esta senrazón son variadas, pero están o sentido de pertenza, o complexo de superioridade patriarcal e a falta de respecto á liberdade das mulleres a decidir sobre a súa vida. Sendo así, é de esperar que naquelas sociedades onde as mulleres non teñen recoñecidos legalmente os seus dereitos e a educación non se ocupou de erradicar un sistema que institucionaliza a submisión, a realidade é aínda máis arrepiante. Aí están as vergoñentas lapidacións públicas e colectivas como unha mostra de administración da inxustiza pola man que pode ser aceptada como xusta polas propias mulleres.

Esta connivencia das mulleres co maltrato ao seu propio xénero está moi relacionada coa falta de información que perpetúa a permanencia de crenzas e costumes ancestrais, moitas veces asociados á relixión. Nos casos de mutilación xenital –outra gravísima violencia contra o xénero feminino- son as mulleres quen a perpetran como un servizo á familia.

Canda as nosas sete vítimas, que poden ter aumentado cando este artigo chegue ás súas mans- Storay, unha muller de trinta anos da provincia de Kunduz, ao norte de Afganistán, foi asasinada polo seu home, coa axuda da sogra, por parir unha meniña cando esperaban varón. Seguro que nin o home nin a sogra nin a vítima sabían que a determinación do sexo depende dun cromosoma masculino. A educación no coñecemento, na igualdade e no respecto axudará ás mulleres a sacudir a carga da culpabilidade de Eva.

LOITO POR CADA MULLER ASASINADA

Advertisements

6 Comentarios

  1. qué grandioso artículo Helena, y qué pena de sociedad, un abrazo!!!

  2. Querida Adriana, cando empezamos a darnos conta tamén estamos empezando xa a combatelo. É difícil, pero ata hai pouco nin sequera se recoñecía. Aperta sororal.

    • Jenifer di:

      Non deixóu nada no tinteiro, profe!

      E pensar que alguhnas mulleres denuncian malos tratos con moita frivolidade, de verdade…

      Unha aperta!

      • Seino tamén, amiga. Ser feminista non me impide ver. Tamén sei o refrán galego que di: “A muller que lle pega ao home/ fai ben se pode”. Pero nós somos, en termos xerais, as grandes vítimas. Apertas.

  3. E, comigo, penso:
    qual é a responsabilidade das mulheres em tudo isso?
    Não lhes falta amor-próprio?

  4. Desde logo como educadoras familiares que eran ata o de agora, foron as perpetuadoras do réxima machista. Agardo que as nais novas o fagan doutro xeito. Pero, cando menos en España, as novas xeracións non parece que vaian por aí, mesmo sendo coeducadas. Aperta, amiga.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: