Inicio » Artigos » EVOCANDO UN AMOR

EVOCANDO UN AMOR

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Recordarás a flor

e esvararás por ela en espiral

ao compás dunha música

de voda na que o branco

dun veo garda oculta

a cara dun amor

nacido nun non sei

cando nin onde.

Pero quizabes foi naquela flor

na que a abella libaba

o néctar dun engano.

Porque sabes que o amor é un engano

no que os labios preludian ese instinto

de fecundar a vida máis oculta

que se garda na flor.

E mirarás no espello das augas repousadas

se aparece esa flor

perdida por algures.

E daquela farase un remuiño

para que o teu recordo descenda en espiral

ao compás dunha música

de voda na que o veo

das augas che descubra

a cara dun amor que nunca viches.

Advertisements

4 Comentarios

  1. Zeltia di:

    é coma esa nostalxia do que nunca pasou.
    a nostalxia máis profunda.

  2. Prezada Zeltia, es a lectora de poesía perfecta, porque iso mesmo é o que quixen dicir. Aperta.

  3. Norberto Lema Regini di:

    De que fio hai que tirar para revelar a beleza como fai Helena?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: