Inicio » Artigos » MEL DE GALICIA

MEL DE GALICIA

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

O mel de Galicia será protagonista no Fórum Gastronómico de Santiago o día 27. A nosa paisanía, apañadora de enxames e catadora de cortizos, xa usou o mel como alimento, alén do seu valor medicinal por avogoso para a gorxa, os catarros e algunhas pizmas externas. Mel con ovos e chourizos fritos servíase na Terra Chá a calquera oficial –traballador de oficio- que prestaba servizo polas casas a mantido. E dime un amigo de Chantada que na súa infancia comía touciño entrefebrado partido en pequenos tacos e revolto con mel, acompañándoo con pan de centeo. O mel era xa, no capítulo do que hoxe chamamos sobremesas aínda que algún día compretara o menú, un luxo para filloas –con sangue de porco- e feixós –sen el-, que pola parte oriental de Galicia manteron competencia, aínda que as filloas fosen máis estacionais. Tamén era compango habitual con queixo do Cebreiro ou con requeixo.

Unha amiga e mais au andamos a preparar un libro de receitas da cociña que amañaban as nosas avoas cando non había cartos e si moita familia. Son receitas creativas, baratas, que espertan en nós poliédricos recordos infantis, etapa na que os olores e os sabores teñen valor fundacional para as emocións. Haberá que lle dedicar unha atención especial ao uso do mel, que o soía haber na casa.

Para estimular os ases da nosa cociña e o estudantado do derradeiro curso das escolas profesionais de hostelería de Galicia a que lle dean ao mel sen medo a experimentar tamén co salgado, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e o Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela convocaron o concurso “Ouro doce en fusión: vangarda, tradición e creatividade na alta  gastronomía galega”, que tivo unha estupenda recepción. Cada aspirante presentou dúas receitas por modalidade: Petisco de Ouro e Doce de Ouro. O ingrediente estrela debía ser calquera das variedades do mel acollido á regulación en combinación con outros elementos do noso patrimonio culinario de terra ou mar.

Un xurado profesional e outro popular, a través de Facebook, elixiron as catro que consideraron mellores. Agora tócalles aos autores cociñalas no Foro para seleccionar os dous premiados.  Agárdaos un lingote de ouro, e un mantelo e unha figura de cristal de firmas colaboradoras. Sexa benvida a chegada do mel á nosa ben traballada alta gastronomía.

Xurado e traballadoras do Consello Regulador

Xurado e traballadoras do Consello Regulador

Advertisements

2 Comentarios

  1. Meus singelos, mas efusivos, parabéns, Profa. Helena, pela ideia do mel no Fórum Gastronômico de Santiago.

    Enquanto estive em suas terras, pude degustar, com frequência, de um mel fabuloso, do apiário de uma família luguesa, de Incio, de Elena Maté del Rincón.

    E, de forma muito agradecida, aproveito mais esta oportunidade para afirmar que a Galícia sempre me traz e trará maravilhosas recordações.

  2. Si, prezada amiga. O mel do Incio é dos meles escuros con moita flor de queiroga. A min é dos que máis me recorda a infancia, aínda que o mel máis floral -de silva ou de eucalipto- tamén teñen a súa delicadeza. É bo catalos todos e desfrutar das súas características, máis marcadas canto máis se coñecen.
    Agora falta a experiencia de catar os pratos finais, que serán unha marabilla, porque ata agora traballamos sobre receita e fotografía. Aperta grande, tamén da Galiza que a bota de menos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: