Inicio » Manifesto » LEDE A ROSALÍA

LEDE A ROSALÍA

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Lede a Rosalía, que non escribe “das pombas e as frores”, como di no primeiro poema de Follas novas. Os libros rosalianos teñen enorme interese ademais de poesía. Desde o seu coñecemento do medio físico e cultural de Galicia, que se concreta nun riquísimo vocabulario, as referencias xeográficas, a descrición dos nosos costumes, ata os valores humanos que se desprenden dos seus poemas máis solidarios, sobre todo coas mulleres que son naquela época as grandes marxinadas da historia e cos pobres de todos os tempos que sofren toda clase de inxustizas de man dos poderosos.

A palabra de Rosalía fomenta igualdade de xénero e a súa pluma comprometida proponnos non poucas reflexións arredor da emigración e o triste desarraigo que padecen  “os que noutras terras/ tén que buscar pan”.

Rosalía é unha poeta intemporal que non pasa de moda. Por desgraza da humanidade, os seus poemas máis cívicos son homologables aínda coas circunstancias polas que pasa o mundo máis empobrecido que cada vez abre fendas máis profundas entre os ricos e os pobres. E as análises e intuicións que fai nos seus versos relativos á condición humana, á dor, á finitude, ás ansias de inmortalidade, á soedade radical que padece o noso espírito é unha canteira de versos aplicables ás mulleres e homes de todos os tempos, de todas as xeografías e de todas as culturas.

Lede a Rosalía. Ensinaravos a apreciar o voso, a valorar o idioma milenario que herdamos dos antergos, a coñecer mellor a riqueza cultural do voso espazo, a ser solidarios cos que sofren, a mostrarvos sensibles perante as inxustizas, a valorar as capacidades creativas e intelectuais das mulleres, a profundizar nos vosos pensamentos e a expresar ese resultado para vos coñecer mellor e para mellor os transmitirdes.

Non vos defraudará tampouco o seu sentido do humor. Ao lado dos poemas que mellor retratan o pesimismo humano, Rosalía utiliza o xenio do humor de noso que é cerne do noso espírito. Ela desmostraravos en que consiste a máis fina das ironías, aquela que invirte os papeis, a que di o contrario do que parece dicir. Por iso sei que moitos dos seus poemas vos arrancarán un sorriso e outros unha gargallada.

Non fagades caso da lenda de Rosalía santa. Nin tampouco da Rosalía choroa. Ela non fai máis que cantar a realidade que viviu e viu ao seu redor. Ela explica así o fenómeno do pesimismo que por veces a invade e nos invade: “Triste é o cantar que cantamos/ mais que facer se outro mellor non hai”.

Rosalía por Luz Darriba

Rosalía por Luz Darriba

Advertisements

7 Comentarios

  1. ADRIANA di:

    Helena, qué gran trabajo haces amiga!!! Hay que enseñar a amar a la Rosalía guerrera!!!

  2. Á Rosalía real. A outra, a domesticada, non é ela. Bicos grandes, qurerida Adriana.

  3. Jenifer di:

    Ela non podería imaxinar que alguén coma vostede a defendera e representara tan ben; non hai millor advogada e procuradora, profe… Adiánte, de frente sempre, e pise o que se o impida… Bicos.

  4. Creo que me necesita menos do que eu pensaba, aínda que máis do que pensen outros. A súa obra non poderá ser silenciada, pero daríame moita pena que o maior acto organizado para perpetuar a súa memoria e dala a coñecer ás xeracións futuras fose unha misa. E isto dígoo sen animus molestandi. Aperta, colega.

  5. ADRIANA di:

    Ojalá que nunca ocurra eso Helena, sería muy triste para Galicia y para su memoria 😦
    Un fuerte abrazo!!

  6. Querida Adriana, iso viña ocorrendo e hai nostálxicos que quixeran volver facela Santa.

  7. Jenifer di:

    Santa, remove menos conciencias que reivindicativa…Molesta menos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: