Inicio » Gastronomía » FORUM GASTRONÓMICO

FORUM GASTRONÓMICO

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

PEIXE E MEL

PEIXE E MEL

A variedade gastronómica de Galicia e as súas posibilidades de desenvolvemento mostráronse este semana no Forum Gastronómico. O Palacio de Exposicións e Congresos de Santiago foi durante estes días un fervedoiro de xente arredor dos nosos mellores produtos de terra e mar. Desde as grandes pezas de costeletón de boi cebado envoltas en ambarino sebo ao mostrario dos mellores peixes, no Forum estaban tamén os máis escolleitos viños e aceites, e estupendos produtos elaborados.

 

A gastronomía galega é un dos motores de atracción turística deste recanto no que a terra e o mar son xenerosos cos comensais. Ao pensar na viaxe, a xente de fóra cavila en mariscos, peixes e carnes de calidade amañados de forma sinxela ou tratatos por grandes innovadoreas da cociña. Porque hai unha gran diversidade de produtos cos que se pode facer comida á que calquera padal lle quede agradecido. ¡Lástima que non se traten con respecto as patacas e non sexan as cultivadas por nós as que acompañen os pratos como secundarias doutras viandas máis coidadosamente seleccionadas! A meu xuízo, a restauración tería que mimar as tan nosas e ben aclimatadas patacas, así como a variedade do noso pan, tanto polo cereal utilizado como polo proceso de panificación.

 

Unha das estupendas experiencias que me proporcionou o Forum foi poder participar na fase final do concurso “Ouro doce en fusión”, onde os compoñentes do xurado tivemos ocasión de catar as oito creacións dos catro finalistas, dous estudantes de cociña e dous profesionais con petisco e sobremesa de cada participante. A idea de utilizar o mel galego con denominación de orixe na elaboración de pratos de alta gastronomía porporcionáranos xa a oportunidade de descubrir creacións moi prometedoras pero só a través da descrición dos ingredientes, o proceso de elaboración e a súa imaxe final. Xa no Forum, e co prato a disposición dos sentidos, conquistáronnos Manel Oliveira, de Tapería Castelao, na categoría profesional, cos pratos “Xarda con Mel de Galicia e repolo o fume das herbas de San Xoán” e ”Falso couland de iogur ecolóxico e Mel de Galicia”. E na de estudante, Sergio Carrete coas creacións “Lombo de año con salsa de Mel de Galicia e cenorias” e “Mousse de chocolate branco e laranxa con interior de salsa de Mel de Galicia”. O peixe e o mel xuntos demostraron ter futuro.

 

 

Advertisements

3 Comentarios

  1. Jenifer di:

    explosión de sabores, non sí,profe?

  2. Zeltia di:

    bueno, o das herbas de san xoán… paréceme unha exageración algo pija, pero dende logo canto lle envexo ter comido eses manxares…!

  3. Prezadas Jenifer e Zeltia: Foi unha experiencia moi interesante para min. E a parafernalia do fume das herbas de San Xoán foi total. A ver se poño o prato con algún comentario para que o vexades. Aínda que o fume largouse xa daquela. Aperta para as duas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: