Inicio » Creación » Fotografia » SAL DE MENCÍA

SAL DE MENCÍA

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

CARNE DE XATO CON SAL DE MENCÍA

CARNE DE XATO CON SAL DE MENCÍA

Unha, que non é de carnes, estivo o outro día xantando no asador O Pazo (Padrón). E quedei gratamente sorprendida por un entrecosto de xato galego adubiado finalmente con sal de mencía. Non facía de menos os manxares anteriores, pero si que sorprendeu, xa en principio, a miña vista. Ao seu lado viña tamén boi cebado, preparado da mesma maneira, pero eu estimo máis a carne de res nova que, no seu punto, como estaba a que hoxe piropeo, non ten parangón no meu padal.

Sobre os cortes que amosaban a cor sonrosada e primaveral do interior dun entrecosto selado na prancha, as raspas de sal tintadas polo mencía eran un bo presaxio de que na boca se volvería todo unha ledicia.

E si que o é. Díceo unha que non é de carnes nin de viños. Quen se anime a disfrutar desta experiencia, que pase por O Pazo e faga a proba. Abofé que me ha de agradecer este consello.

 

Advertisements

6 Comentarios

  1. Kaia di:

    Espero pasar por Padrón en breve. E hei ir a este asador, xa que o recomendas. Non sei tampouco de viños nin de carnes: sei que me gusta este viño ou que non me gusta. E coa carne, nunca pensei que ía ser capaz de comer unha carne pouco feita; pero, un día, probei a morucha… Un manxar.
    Sempre hai que probar cousas novas. Sempre hai que seguir sorprendéndose unha mesma.

  2. Estaba francamente bo e a aparencia é espectacular. Se che cadra probalo, bo proveito.

  3. zeltia di:

    agradezo moito a recomendación, sempre que me movo da miña cidade gústame probar sitios novos e comidas especiais.

    tomo nota.

  4. Pois ten unha magnífica cociña e con moitos alimentos producidos por eles mesmos. Non te defraudará.

  5. Me dá água na boca, que apetitoso!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: