Inicio » Artigos » PROCESIONARIAS

PROCESIONARIAS

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

DEUS GREGO

DEUS GREGO

Cando empezou o milenio, andaba eu por este tempo no Peloponeso tomando folgos da grandeza das ruínas. A primavera xa chegara aos campos, que se cobren de anémonas vermellas e azuís como aquí de margaridas. Os penedos do chan, mármore en bruto, contrastan con algunhas das columnas truncadas de Olimpia que foron construídas con materiais deteriorables, como arenisca mesturada con cunchas. Aínda non andara por Atenas onde é máis doado descubrir que en Grecia levan nomes cultos as cousas máis comúns. Unha pasea ou toma un café na Praza Sintagma como se repasase nun libro a teoría da linguaxe para un exame complicado.

 

Nun camiño cercano á tumba de Agamenón vin unha ringleira de Thaumetopoea pityocampa, eiruga dun lepidóptero que nunca atopara. Eu pensaba que sabía moito de Grecia porque recollera informacións nos libros de texto ao longo de moitos anos. E así foi como mirei o Partenón e o auriga de Delfos que se conserva no templo dunha ladeira que se parece ás dos canóns do Sil co Ría de Arousa agardando no seu fondo. No que queda do templo que foron destruíndo os anos e as sacudidas sísmicas, está tamén o ómphalos, lugar no que a sibila se colocaba aspirando gases sulfúricos do interior da montaña por unha regandixa e saía facendo profecías. Unha profesora de linguas clásicas falounos de como había que interpretar estes designios emanados dos deuses: agardando a que acontecesen os feitos. “Irás volverás non morrerás na guerra”. A pausas e a entoación –as comas que faltan na escrita- poñíanse onde cumprise segundo o guerreiro morrera ou conseguise volver. Así, a sibila era infalible.

 

Grecia pareceume próxima e afastada a un tempo. Na antigüidade da que bebeu a cultura occidental, as procesionarias viaxaban como ensartadas nun fío. Un cordón vivo unido por feromonas cruza estes días os nosos camiños. A dianteira conduce o tren da praga cara os piñeiros para formar niños brancos onde acabar a metamorfose. Sen telas visto, estes anos estaban a se formar ao noso arredor grupos de procesionarias que camiñaban cara algures seguindo cegamente a condutora. E íanse asentando na economía europea para formar niños algodonosos desde os que zugar a seiva económica ata nos deixar nunha crise que volve ser outra procesionaria que non se sabe cara onde a conduce a guía. En Grecia xa fixo grandes estragos.

Advertisements

2 Comentarios

  1. nando di:

    ¡Moi inspirado, Helena! Oxalá o puideses tarducir ó grego para que o lesen alí. De certo que merece o aplauso dos deuses do Olimpo.

    • Graciñas, Nando. Neste mundo complicado e inmisericorde que construímos, o que pasa nun lugar é bastante traspasable a outros. Eu pensaba nos gregos -non en van son Helena-, pero tamén vale para nós. E o certo é que non vira aquí as procesionarias e en tanta ringleira. Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: