Inicio » Creación » ORTOGRAFÍA DA DOR

ORTOGRAFÍA DA DOR

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Flor de ameixeira

Flor de ameixeira

Doado é recordar

que a dor escribe con ortografía

aprendida nalgunha primavera

iñantes de que canten os paxaros.

 

Eran as ameixeiras quen andaban na flor

pintando esa paisaxe inxenua e limpa

dun xardín xaponés.

 

Saíra o sol detrás das chuvias todas

e crebou o silencio,

que as abellas bailaban coas súas áas sonoras

para que fecundase esa brancura.

 

E daquela caeron entre o seu besbelleo

campás acompasadas canda as pétalas

que remove unha brisa

para avisar ao mundo da morte daquel pai

que para el nunca tivera rostro.

 

Tampouco non viu nada esa mañá

que viña tras do inverno,

pero ti describícheslle o xardín

que se tiña no aire

e el colleu a túa man

para aferrarse ao mundo

que se lle ía.

 

Esa mañá a dor

ditou as súas normas ortográficas

que quedan invisibles

agás a aqueles ollos

que soamente serven para o pranto

e a quen estende a man

para que o mundo siga.

 

 

 

Advertisements

6 Comentarios

  1. Graciñas, Adriana. Foi escrito hai tres anos por este tempo cando vin as bágoas dun rapaz cego na morte de seu pai. Sentín unha conmoción moi forte ao descubrir que hai ollos que só serven para chorar. Unha aperta.

  2. zeltia di:

    “pero ti describícheslle o xardín

    que se tiña no aire

    e el colleu a túa man

    para aferrarse ao mundo

    que se lle ía.”

  3. Era ata agora un poema inédito do libro “Remontar o río”, que tratarei de publicar axiña. Ás veces escríbes algo que che gusta a ti e que te marabillas de que puideses facelo. Quizabes pola forte emoción que me moveu a escribilo, sempre me fascinaron estes versos que me viñeron doados.

  4. zeltia di:

    Debe ser unha sensación marabillosa emocionarse co escrito por un mesmo. Como verse nun espello guapísima e saber que é unha.
    Digo eu, que non me pasaron ningunha das dúas cousas

    🙂

  5. rianxo1993 di:

    Pois lin escritos teus que che deben proporcionar esa emoción. Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: