Inicio » Artigos » LARANXAS LITERARIAS

LARANXAS LITERARIAS

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

As laranxas galegas máis literarias deben ser as dunha peza dramática infantil de Carlos Casares, de cuxo falecemento se cumpriron dez anos o pasado día 9. Titúlase  As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (Galaxia, 1973) e mereceu o premio do primeiro concurso de teatro infantil galego “O Facho”. Para esta obra deseñara Luís Seoane os figuríns e a escenografía  que arriqueceron a primeira edición do libro. Foron estas laranxas moi celebradas pola infancia, pois a obra merecedora de tan boa fortuna foi moi lida, con ela aprenderon a facer teatro as nenas e os nenos de moitas escolas e acabou representada polo Centro Dramático Galego en 2004.

Álvaro Cunqueiro tiña falado das laranxas do Pazo de Asados como das máis sabedoras da contorna. En terras de Rianxo, o pau de laranxeira –a palabra aparece deturpada como laranxo- figura no texto dunha das nosas cancións máis populares, pois de tal madeira estaba construída a barca que trouxo á ribeira da vila a Virxe de Guadalupe. Esta peza musical, acompañada de coplas populares da zona, cando se estreou en Buenos Aires (1947) non levaba a estrofa que contén a palabra, pero está incluída na Rianxeira que se canta hoxe en toda Galicia como se fose o noso himno festivo. Cantigas e refráns recollen esta árbore como madeira na que se tallan santos dos que os donos, sabedores das orixes, recean dos seus miragres.

Nas Rías Baixas e na súa contorna xa empezan a florear as laranxeiras. Limoeiros e laranxos/ que o verde musgo asombrean/ i olido esparcen de azare/ con que a xente se recrea (Rosalía). Os cítricos están presentes nas hortas, desde a da casa máis humilde ata as dos xardíns dos pazos. Chegado este tempo, as laranxeiras, previsoras como as abellas, soltan gran parte do ouro aromático, que se amontoa aos seus pés, e empezan a recoller zugo das laranxas que quedarán colgadas ata que lles sexa devolto a mediados do próximo inverno.

O outro día probei unhas das mellores laranxas que levo catadas. Eran do Pazo de Arretén. Dalgún xeito son laranxas literarias pola evocación da liñaxe materna de Rosalía que esperta en nós ese nome. Son tan boas estas froitas lixeiramente oblongas que eu non dubidaría en poñelas de sobremesa tras dos mellores manxares, peladas ao vivo e en rebandas, e ben tituladas con referencia ás orixes. “Laranxas do Pazo de Arretén”.

 

Laranxa da horta de Abuín

Laranxa da horta de Abuín

Advertisements

2 Comentarios

  1. ADRIANA di:

    Curioso dato, no sabía que la Rianxeira se había estrenado en Buenos Aires. 🙂 Abrazos Helena!!

  2. Si. Alí naceu. Realmente a nosa emigración traballou moito polo país e pola identidade desde fóra. Aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: