Inicio » Creación » A PAIXÓN SEGUNDO SAN MATEO

A PAIXÓN SEGUNDO SAN MATEO

Abril 2012
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

SEMANA SANTA

SEMANA SANTA

April is the cruellest month.

                                                                       T.S. Eliot

¿Por que te aflixes, Khayyam, por  ter cometido tantos pecados?

  É inútil a túa tristeza.

 Despois da morte, ou a nada ou a Misericordia.

                        Rubaiyat Omar Khayyam

 

 

Abril, que busca sempre un sitio amable

para a tenrura das primeiras rosas,

cédelle sete días ó suplicio do Redentor

e co bando sonoro de Johann Sebastian Bach

ordénalles ós lirios,

ás lilas,

ás glicinias

e mesmo ás violetas dos ribazos

que solten o perfume revestidos de color triste

e nos fagan chorar tamén por nós

coma cedros do Líbano.

Vinde, fillas, chorade comigo.

Abril chega a modiño

con vellos lignum crucis,

e en liturxia profana deposítaos

nos nosos corredores,

nas grilandas das albas,

nos veos das noitiñas

para que nos cravuñen como espadas de prata

sobre o peito da Mater Dolorosa.

¡Son eu quen debería facer a penitencia

                                     atados pés e mans e fundido no inferno!

Abril agranda os dentes

de adormiñadas bestas que nos moran

e anímaas a que roan a calaza

escondida nos nosos corazóns.

  ¡Ai!, son eu, Señor, quen cometeu a ofensa

                                      e Ti es quen a expía.       

   

¡Como pesan as mortes en abril,

insomnio,

obsesión tráxica,

ataduras de espíritos espidos de cadáver,

memoria transparente,

cúpula de cristal,

piano,

violoncelo,

ventolada de cuspe de campás

forxando a badaladas

na propia dor e nos remordementos

os cravos que han fixar ó Axusticiado!

Vinde, fillas, chorade comigo.

  

 San Miguel dos Agros, na primavera de 2002.

Advertisements

5 Comentarios

  1. Precioso Helena, un abrazo fuerte!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: