Inicio » Creación » CANDO OUTONAN OS RÍOS

CANDO OUTONAN OS RÍOS

Abril 2012
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

RÍO ESPELLADO

RÍO ESPELLADO

Cando outonan os ríos tras do parto das fontes

arrastran as palabras maduras dos poetas

e as últimas colores roubadas aos espidos

van trazando o destino final de cada folla.

Arriba ou cabo deles quedan orfas as parras

señardosas do trigo deixándose vencer.

Entre o trigo e as parras o verán estendera

as longuísimas tardes que dispensaron sol

chamando á intimidade das sombras e aos amores.

Primaveral moi cedo foi o trigo

que naceu cando a parra é mutilada

pola navalla amante.

Outonal ela

morre cando lle moxen os acios nas banastras

e a futura ambrosía líquida cae no sono

mentres tamén a gra nos hórreos dorme.

Pousou Pomana a cesta das mazás

cando soprou  o vento contra a chuvia

e viu pasar as augas polo lombo do río.

-O outono é un gran río que nos leva.

-Di mellor que é meandro no que remansa a vida

a recoller os froitos que quedan pendurados

do fío da esperanza.

Deixou hai tempo o canto dos paxaros

de ser primaveral,

pero sen inocencia agúzanse os sentidos

cabo dos prados verdes.

-O outono é un paseo nalgún perdido edén.

-Di mellor que é mirada que repousa

no trato inútil de vencer o tempo.

Pola Ribeira Sacra, empezando novembro de 2011

Revista DORNA, nº 35, 2011

Advertisements

2 Comentarios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: