Inicio » Artigos » VIAXE DAS LETRAS

VIAXE DAS LETRAS

Maio 2012
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

MURAL NO BARRIO DE IXELLES

MURAL NO BARRIO DE IXELLES

Con motivo dunha exposición fotográfica en La Tentation, o edificio do Centro Galego de Bruxelles/ Brussel, fun á capital de Europa. A inauguración de “Palabras en imaxe” e a charla “50 Anos das Letras Galegas: de Rosalía a Paz Andrade” constituíron a anticipación da efeméride do 17 de maio no edificio que foi unha tenda clásica e hoxe acolle toda clase de eventos culturais, entre eles as exposicións da segunda planta. Esta fin de semana dime a comisaria Luz Darriba, que pasaron por alí mil catrocentas persoas, xa que logo é unha mostra afortunada.

 

Bruxelas é un fervedoiro de culturas, etnias e costumes, un modelo da Europa tolerante e integradora contra a que parecen camiñar algúns países que consideran a inmigración como un problema. No outeiro de  Waerenbergh (distrito de Ixelles) está o barrio de Matongé formado inicialmente por congoleños e no que hoxe conviven persoas de cerca de cen nacionalidades, segundo di o mural que ocupa unha fachada cabo da Porte de Namour.  En Saint Gillis, os establecementos portugueses locen os seus produtos e a súa lingua, de maneira que un galego se atopa na súa casa. Na parada dos buses e do tren de Louise/ Louiza, un turco executa con mestría popular a súa música nun vello acordeón. Efectivamente, a cidade parece, pola súa normal integración, a capital do mundo.

 

Ten tres linguas oficiais: o francés, importado antano polas clases sociais dominantes como lingua de cultura, o neerlandés, que os seus falantes conservan con orgullo, e o alemán, que ten moi poucos usuarios. Pero a rúa é unha boa mostra dos variados idiomas do mundo chegados desde os catro puntos cardinais.

 

Era obrigado dar unha voltiña polas pequenas cidades dos arredores e os recordos dos libros de historia lévanme a Brugg/ Bruxas, Leuven/ Lovaina, Antwerpen/Amberes ou Antuerpia e Mechelen/ Malinas, todas elas fermosísimas. En Leuven celebraban o Carnaval cun vistosísimo desfile de carrozas desde as que lanzaban agasallos. A min tocoume un osiño de peluche ao que inventarlle unha historia.

 

Tamén en Leuven, diante da vella biblioteca porticada e do escarabello que se eleva pinchado nunha enorme barra de aceiro, dime un acompañante que os libros se repartiron, por orde alfabética, coa universidade creada en 1968. Cun lamento por esta partición, acabou a Viaxe das Letras por terras belgas.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: