Inicio » Artigos » O ENSINO PÚBLICO (II)

O ENSINO PÚBLICO (II)

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

A lei Moyano, que rexiu o ordenamento educativo español desde 1857 a 1970, autorizara ao goberno a formular e promulgar a instrucción pública para que España deixase de ser un dos países europeos con maior taxa de analfabetismo. Creou as Escolas de Maxisterio e fixo o ensino obrigatorio ata os 12 anos, gratuíto para quen non puidese pagalo. Eran desexos do lexislador, pero só se cumpriron cara ao final da súa vixencia. O absentismo –non se chamaba así nin preocupaba moito- cebábase nas familias que precisaban man de obra da prole para sobrevivir. Un refrán sentenciaba: “O traballo dos pequenos é pouco/ e o que o perde é un louco”. A situación empeoraba para as nenas porque non precisaban a escrita para dar novas desde o servizo militar e a alfabetización predistipoñíaas a ler novelas e a cartearse con mozos. Os nenos tiñan tamén a posibilidade de acceder ao Seminario.

Como a educación institucional ten a finalidade de transmitir valores dominantes da sociedade para perpetuarse, o sexismo proxectábase na escola separando nenas e nenos, mestras e mestres. As nenas recibían educación para rexer o fogar e ocuparse da descendencia. O ensino privado era máis rigoroso con este obxectivo. O ensino público, encargado de se achegar a todos os lugares e estamentos económicos, encargábase da sociedade rural con menos posibles e aspiracións. Alí as nenas e os nenos acababan xuntos nunha unitaria, sempre rexida por muller. Dalgún xeito, esta era unha educación mixta onde os máis grandes, independentemente do seu xénero, coidaban dos pequenos, compartían con eles a hora de xantaren o que traían frío das súas casas e transmitían os saberes e as habilidades que ían adquirindo. Algúns andaban media hora de camiño e as longas tardes primaverais acabábanas como pastores ou nas faenas agrícolas.

Aquela pobre escola adaptouse aos diversos réximes políticos e é de louvar o traballo dos mestres e mestras da República, época na que o ensino popular se viu reforzado polas Misións Pedagóxicas. Os primeiros grandes cambios no ensino aportounos, en 1970, a Lei Xeral de Educación, coñecida polo nome do ministro responsable, Villar Palasí. En calquera caso, aquela escola pública foi un faro e a persoa que a rexía era respectada pola sociedade a pesar da soldada miserable con que se retribuía o seu traballo.

ENCICLOPEDIA ESCOLAR ÁLVAREZ

ENCICLOPEDIA ESCOLAR ÁLVAREZ

Advertisements

2 Comentarios

  1. mar corbelle di:

    A miña primeira mestra foi Dª Celia, que facía o que podía e máis cos rapaces de varias parroquias , desde 3 anos ata os maiores que marchaban facer o bachiller. Recordo o seu olor a crema da cara e a suavidade do seu pelo loiro, recordo como me correxía en castelán se eu falaba en galego mentras me ensinaba a ler sentada no seu colo…Logo enfermou e chegaron as “sustitutas” e despois a concentración escolar no meu 4º de EGB .Seguro que onde esté , estará orgullosa de min e do resto dos seus pupilos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: