Inicio » Artigos » VOLVER A GUIMARÃES

VOLVER A GUIMARÃES

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Este ano Guimarães é Capital Europea da Cultura e alá imos nunha das coidadas excursións que organiza o Ateneo de Santiago. Tan singular cidade  era xa escenario no que se xuntaban a mediados dos anos sesenta galegos e portugueses nun concurso literario do que era convocante e anfitriona a asociación cultural Convívio. A ida a Guimarães, xa que logo, tamén é excursión sentimental para quen teña participado daquela fraternidade nos últimos anos do franquismo.

 

As orixes vimaranenses están no poboado castrexo de Briteiros ao que dedicou os seus afáns arqueolóxicos Martins Sarmento, o amigo que deu escondite na súa casa a Camilo Castelo Branco perseguido polos amores coa casada Ana Palácio. Da citania de Briteiros, xa ben romanizada, baixaron os habitantes para un novo poboamento creado pola condesa galega Mumadona Díaz que acometeu a construción dun castelo contra as ameazas de mouros e normandos. Será neste castelo, xa máis fortalecido, onde Afonso Enriques se proclamou o primeiro rei de Portugal tras a batalla de San Mamede (século XII). ¿Como sería a historia de Galicia se os dous condados atlánticos non se viraran de costas? Non hai xeito de esquecer esta pregunta na fermosa vila histórica nin tampouco de lle dar unha resposta.

 

No Pazo dos Duques de Bragança conviven hogano os tapices flamengos chamados de Pastrana e as pezas do mobiliario portugués con instalacións propias da arte contemporánea (os sinais de tráfico que configuran unha cidade, un vello motor en funcionamento ou unha morea de cactos diversos) e creacións pictóricas de artistas portugueses actuais. No palco grande do auditorio do Centro Cultural de Vila Flor, recítase hora a hora a obra maior de Luís Vaz de Camões, “Os Lusíadas”. E o Museu Alberto Sampaio integra entre a súa imaxinería unha exposición temporal de novos anxos de todos os estilos e facturas na que sobrancean anxas cun dos seos ao aire como o da Nosa Señora do Leite, que na grande maioría das imaxes carece do que alí non cumpre a misión de amamantar.

O símbolo do evento, un G invertido en forma de corazón, decora toda a cidade e Guimarães ensínase con el ao mundo, digna e atractiva, no medio da crise que vive o país. E ofrece unha ledicia gastronómica: bife de alcatra de vitela con alecrín, pataca e grelos. E este alecrín non é precisamente a flor do toxo.

 

ENTRADA NO PAZO DOS DUQUES DE BRAGANÇA

ENTRADA NO PAZO DOS DUQUES DE BRAGANÇA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: