Inicio » Creación » CARTA DE CESAMENTO

CARTA DE CESAMENTO

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Follas no xardín da Casa de Rosalía

Follas no xardín da Casa de Rosalía

A Matanza –Padrón- 12 de abril de 2012

Aos Srs. Membros do Padroado da Fundación Rosalía de Castro

No pasado mes de outubro, de xeito informal, comuniqueille á Comisión Executiva a intención de presentar o cesamento na Presidencia durante o último trismestre deste ano para que a miña marcha non interrompese no mes de xullo de 2013, data na que se cumpren os oito anos do mandado, a unidade de goberno que precisa a celebración do sesquicentenario da publicación de Cantares gallegos.

Unha serie de declaración de certos membros do Padroado a La Voz de Galicia os días 12, 14, 15, 23 e 24 de febreiro, con datos falseados e malintencionados (o que me obriga a rectificalos en parte como presidenta da institución o día 19) precipitaron a miña marcha e hoxe presento perante Vdes.  o cesamento irrevogable como presidenta e nas representacións que ostento no seu nome: Consello da Cultura Galega, Museo do Pobo Galego e Fundación Otero Pedrayo.

Hai dúas maneiras de chegar ao fracaso. Unha, pedir o imposible. Outra, aprazar o irremediable. Pedir o imposible: dos días nos que se reuniu a Comisión Executiva para preparar este Plenario, o xornal aparecía informado. Sería polo tanto imposible que eu seguise coa confianza que require un labor que non se pode facer a golpe de denuncias nin comunicados de prensa. A Fundación Rosalía é unha institución seria que non pode estar mediatizada, e menos desde dentro, con fins espurios. Aprazar o inevitable: Afortunadamente, os novos Estatutos limitan o tempo de permanencia dos cargos directivos e dos padroeiros non vitalicios nin institucionais a oito anos (artigos 17 e 12  respectivamente) e non ten sentido prorrogar a estancia por máis tempo.

Nin a miña chegada –producida nun Plenario anómalo e baixo unha chantaxe aceptada para sacar a Fundación da provisionalidade na que levaba inmersa 7 meses- nin a miña marcha acontecen en situación de normalidade. Posiblemente tiña que ser así. E así foi. Mentres permanecín á fronte da Fundación máis emblemática e que coida un dos grandes espazos simbólicos de Galicia, tratei de servir a Rosalía o mellor que souben e o mellor que puiden. Este traballo non se pode realizar en solitario pero tampouco se poden elixir con total liberdade as compañías. Tiven sorte con elas e agradezo, no momento da despedida, o traballo dos meus colaboradores dedicándolle un recordo ao profesor Alonso Montero, convaleciente dun percance que non lle permite acompañarnos. Agradezo tamén o apoio das traballadoras e moi especialmente o da xerenta que foi o soporte imprescindible das moitas e variadas actividades que durante estes case sete anos levou a cabo a Fundación.

Quero ser grata tamén aos membros do Padroado que asistiron ás xuntanzas e arrouparon os nosos actos. E dun xeito moi especial á xenrosidade das institucións e persoas que creron nun proxecto de Fundación que non puiden presentar diante dos meus electores, pero que serviu para me abrir moitas portas cando houbo que ir solicitar axudas económicas ou de calquera outro tipo. Hoxe aquel proxecto de Fundación vertebrada, plural e democrática é unha realidade e as institucións que o apoiaron economicamente foron fundamentais para conseguilo.

A partir de agora mesmo, o artigo 17 dos estatutos indica o procedemento que se ha seguir para a sucesión á que se lle marca un prazo máximo de dous meses. Tratei de servir, como deixo dito, a causa de Rosalía con total  xenerosidade, o que tamén me custou diñeiro e moito tempo. Pero non se me oculta que a causa rosaliana pode servirse con igual eficacia en diferentes ámbitos e foros. E este será un labor ao que seguirei dedicando a miña entrega.

Asdo: Helena Villar Janeiro

Advertisements

6 Comentarios

  1. O tempo sempre pon as cousas no seu sitio, mestra querida…

  2. Mestra miña tamén, boa falta fará. Porque non pensei que o coidado de Rosalía me traería as dúas consecuencias na saúde: a embolia do 2007 e este herpes. Non pode ser casualidade que se producisen aos dous meses dun grande desgusto. Aperta grande, querida Luz.

  3. Jenifer di:

    Ole, ole y ole…!
    Qué elegancia, sensibilidade e fermosura de sentimentos…
    Non merecen o seu sufrimento…!

  4. Graciñas, amiga. Foi escrita en situación moi difícil, canto o que apetecía era tirar das máscaras. Pero, se algo aprendín alí, é a ter responsabilidade institucional. Lástima que outras e outros non o tivesen aprendido tamén. Unha aperta forte e xa sabes o porqué.

  5. mar corbelle di:

    Nada que engadir. Hai personas que levan a dignidade de bandeira en cada xesto, en cada feito, en cada palabra…

  6. Graciñas, amiga Mar. Vós sodes un espello fundamental para me mirar durante o último tramo da miña vida. Benzóns!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: