Inicio » Artigos » A COPA MIRAGREIRA

A COPA MIRAGREIRA

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Erguémonos pendentes da prima de risco e os datos económicos que nos traen amedrantados e teñen orixe en Alemania. ¡Oh tempora oh mores! Cando eramos todos uns formabamos imperio da man daquel “…Carlos quinto,/ que en España era primero,/ con gallardo y noble talle/ con noble y tranquilo aspecto (…)/los timbres de España ostenta/ y el águila del Imperio…”. Pero hoxe aquí vainos como nos vai e en Alemania a Bundeskanzler Angela Merkel é dura, moi dura, manexando o podererío económico. Dalgún xeito é como a grande emperatriz que nos goberna sen a ter elixido. Xa se di con humor que ven de gañar as eleccións gregas.

 

En xuño de 2005 recibiu a un grupo de escritoras e escritores procedentes de todo o mundo na Chancelería de Berlín ataviada cun traxe de chaqueta a xogo coa cor dos ollos e suma amabilidade. Despois do obrigado discurso de benvida, deunos a man a cadaquén con un forzosamente curtísimo saúdo. Para a miña sorpresa, as súas uñas parecéronme mostrar sinais de onicofaxia. Hoxe volvín observarlle nunha imaxe a man posta no ombreiro de Dilma Rousseff e deume a mesma impresión. Pero o certo é que parece mover con uñas aguzadas os fíos da economía globalizada varrendo para a casa. ¡E como nos trae de cabeza o seu varrer!

 

Os xornais desaniman e os tertulianos dos medios audiovisuais opinan debullando as entreteas da economía, as cifras do paro, a prima de risco, os (non)rescates, os bonos-lixo… Existe tamén unha realidade alternativa nalgún programa televisivo que atolandra con lixo sentimental e desde hai uns días, un gran respiro co balón nacional, porque pasamos a depender de La Roja e non de Merkel para consolidar o sentido da existencia.

Di Manuel Marín, exvicepresidente da Comisión Europea, que a sociedade española perdeu a autoestima e a épica común que tivo na transición. Que a única épica e autoestima do pobo a esperta un gol deste campeonato que suplanta a realidade unha tempadiña. Daquela, a nosa ambición é gañarlle a Europa un campionato. E cando oímos a xente coa cara pintada como os indios das películas do oeste berrar a coro “¡a por ellos!” non se trata de ir polos responsables da desfeita económica facéndolles devolver cantidades astronómicas á sociedade, senón contra quen se poida erguer cunha copa que, a xulgar polo interese colectivo, nos traerá dentro todo iso que nos falta.

PEGADA DUPLA PÉ-MÁQUINA

PEGADA DUPLA PÉ-MÁQUINA

 

 

 

Advertisements

6 Comentarios

  1. O da onicofaxia non me sorprende. É un síntoma neurótico que ten tantísima xente. Se cadra aínda a humaniza. O sorprendente, triste, degradante e aínda máis é que todo un pobo poda ser parvidizado por algo tan elemental e simple como é o fútbol. Algo que ven sendo utilizado dende tempos inmemoriais como o “pan e circo” dos romanos. Xa o deixou Rajoy ben aclarado: tedes que gañar, España necesita alegría. Alegría? que uns descerebrados de manual, traballando para otros que fan un negocio lucrativo de algo moi mal chamado deporte, alegren o corazón dun pobo (de quen? dos mineiros, d@s parad@s, d@s que perden as súas casas a diario, dos que quedan sen sanidade?), paréceme unha triste caricatura da condición humana.
    Eu tiña 25 anos cando o mundial 78. Era unha das poucas tolas que desexaba con toda a miña alma que Arxentina perdera. Hoxe xa está recontraproubado que os militares amañaron o campionato. Mentres uns descerebrados de manual pateaban unha pelota, outros e outras (non vou cualificalos) saían ás rúas a berrar como tolos: Arxentina, Arxentina!, mentres se torturaba, se asasinaba, se tiraba xente viva dende avións ao mar, se roubaban nenas e nenos ás nais ás que mataban.
    En fin, nada novo baixo o sol

  2. Benquerida sorella, non podería ter mellor complemento este artigo que a túa comprometida e autorizada voz. Benzóns e apertas moi garimosas, especialmente hoxe.

  3. María. di:

    Moi boas as dúas cos vosos textos. Non teño nada que engadir e admírovos. Unha aperta moi forte ás duás.Ai daquel que non queira escoitar, nin ver nin sentir as voces do seu pobo e non saiba darlles resposta.

  4. Inma di:

    Mestra, coma sempre… Sublime!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: