Inicio » Creación » NOITE DE SAN XOÁN

NOITE DE SAN XOÁN

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Vai pasar hoxe a noite de San Xoán,

señardade do lume,

agoiros de perigo na auga avolta.

Sobre a tona do río non nacen sabugueiros

e ovos, se os atopases,

serían chocos dunha serpe anfibia

reminiscencia inmunda doutro edén

no que naceu a culpa.

¿Onde buscar as noites que non son,

as que non houbo quen tornase a tempo,

todas as que deixamos de vivir

porque pasaron lonxe

aínda levando dentro

o que nunca quixemos

nin sentimos?

O río está tan orfo coma ti

da abenzoada flora

que che mantivo a crenza

dunha resurrección en albas puras

emerxendo das augas perfumadas.

Silva macha, fiuncho,

fieito, espantademos,

codeso, malva, menta,

verbena, herba abelleira,

nébeda, trevo, cálsamo,

romeu e artemisa.

Non podes estoupar

os tróqueles inflados

no rito que te envolve

xogando a vida entre a dixitalina

da divina inconsciencia.

Para atopar a noite de San Xoán

perdida por algures,

vívea en vixilia

mentres non chega o albor.

Daquela inclínate

a mirarte nas augas que atravesas

e agardan a túa imaxe serenada.

E seguirás a verte

como aínda fuches onte.

Sempre a resurrección é procurada

pero tan só se cumpre no desexo.

 

De “Remontar o río” (2011)

HERBAS DE SAN XOÁN

HERBAS DE SAN XOÁN

Advertisements

6 Comentarios

  1. Xosé Lois di:

    Fermosa poesía que ispe a alma das angurias ancestrais; daquelas que nos ancoran cando tentamos remonta-lo río, para desovar as insinanzas da vida morrendo río arriba, e ao tempo que morremos, dámos vida a outros que transitaran río abaixo a favor da vida, desa que vai fuxindo
    pouquiño a pouco de nós.

  2. Esa é a idea de todo o libro. Remontar o río, desprendéndose de todo o que se foi adquirindo no transcurso da vida. Un libro de reflexión e madurez que escribín durante esa viaxe na que o barco subiu o río en lugar de ir coa corrente cara o mar. Creo que che gustaría lelo. Publicarase axiña. Unha aperta.

  3. Mar Corbelle. di:

    Nas cinzas desta mañá quedan as horas baleiras e as dores que feriron a nosa alma no pasado ano. Momentos de angustia e desalento que dan paso tralo rito máxico da superación ao rexurdimento da propia alma, cadaquén ave fenix de si mesm@. Neso andamos, xa teño plumas no lombo. Que gusto estar rodeada de pequen@s brux@s que nos enchen de alentos para seguir adiante, aínda que sexa río arriba. Grazas infinitas pola túa presenza. (Só podo ler a metade das letras, e outra metade non aparece no texto , así que se falta algunha mil perdóns).

    • Foi a primeira mañá da miña vida na que me lavei nesa auga. Baixou buscarma o Suso, connivente co rito. Era auga perfumada e lexeiriña. Auga transfigurada, abofé. Hai que afincarse nos ritos para poñer o pé na terra como símbolo de permanencia a través da comunión cos espíritos. Ser vella dá un instinto novo, o instinto da preparación para o camiño e atopar as pegadas para o poder seguir. Aperta grande.

  4. Zeltia di:

    “E seguirás a verte

    como aínda fuches onte…”
    tamén ese último comentario me di moito.
    Inda que non te coñezo, mírome moito en tí, Helena, para ir aprendendo…

  5. Non merezo esa honra, Zeltia. Mais, se así fose, nada me gustaría máis. Unha aperta grande.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: