Inicio » Artigos » ANO DE QUEIXAS

ANO DE QUEIXAS

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

Fracasaron as ameixas de San Xoán, as de máis cedo, as coloradiñas que adoitan callar ata no toro, porque algo impediu que floreasen debidamente. Teño unha que só deixou cubrir de branco unha ponla, feito que producía perplexidade. Claro que este é un ano creador de perplexidades que cada vez chocan menos. As variedades que abocharon máis tarde, maiormente as claudias do país, cubríronse de flores e agora estano de froitos. Hai que lles poñer esteos para que non rompan na súa frenla de fecundidade. Ano, pois, contraditorio como en todo.

Segundo a sabedoría popular concentrada no rico refraneiro, “Ano de ameixas, ano de queixas”. Seica o ano que tiña un tempo que propiciaba a aparición masiva destes froitos tollía as espectativas de colleita dos labregos que vían diminuír os alimentos básicos do sustento, cereais e castañas antigamente e, chegando aos dous últimos séculos, patacas e millo. A escasez influía tamén na alimentación da gandería polo que os tales anos malditos viñan acompañados de fame colectiva.

Hogano, a abundancia de ameixas xa non anuncia queixumes agrícolas, porque o mundo produtivo do noso campo mudou, bastante ao tolo por certo, e gran parte da terra de Galicia quedou a monte ou anda á poula. Pero, aínda así, a sobreabundancia da froita e o refrán correspondente denotan como nos vai e, o que dá máis medo, como nos pode ir desde agora ata o solsticio de inverno. A capacidade de deterioro do estado xeral das cousas, a medida que as ameixas se aproximan a se colocar na mesa ou a se presentaren na cociña para que seren alí máis traballadas, xa nos anuncian que todo é susceptible de empeorar: os nefastos efectos dos recortes, as cifras do paro, a prima de risco, o rescate bancario, o desgaste das estradas, o ive galopante, o céntimo verde, a redución do catálogo de medicamentos da sanidade pública…

Aproveitemos o verán para recuperarmos os saberes populares que aminoran as queixas da saúde con menciñas producidas pola natureza, solución insinuada desde altas instancias oficiais aínda que despois chegase o “digodiego”. Poñámonos, pois, a recoller flor de ourego polos montes calcáreos, remedio eficaz nas catarreiras, e camomila, remedio valedeiro para case todos os males. Raíz de leitarega e follas de verbena, moi eficaces. E arandos e abruños para as augardentes sanadoras.

AMEIXAS CIRIGÜELAS

AMEIXAS CIRIRGÜELAS

Advertisements

6 Comentarios

  1. hum, que ghanas de probalas!

  2. Estas aínda teñen que se poñer negras para estar comestibles. Uns quince días aproximadamente e estarán estupendas. Unha aperta enorme por riba de Europa.

  3. Kaia di:

    Hai uns anos que unha ameixeira da casa dá moitísimos froitos, tanto que non os damos comido. Non sei se queixas pero, dende logo, bos anos non teñen sido.
    Sempre te leo, Helena. Sempre. Moitos bicos.

  4. Na cultura popular hai moita experiencia acumulada. Graciñas polo teu interese. Un bico grande.

  5. Zeltia di:

    se alomenos trae unha reconciliación coas boas tradicións menciñeiras…

  6. Creo que imos deixar atrás moita bambolia e recuperar cousas que non se deberon perder, aínda que este non sexa o mellor exemplo máis que para caso de necesidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: