Inicio » Artigos » CONSUMO GUSTOS

CONSUMO GUSTOS

Xullo 2012
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

As épocas de crise préstanse a facer análises que, se cadra, con certa normalidade económica se pasan por alto. Unha é relativa ao consumo. Nunca, como en escasez, ten sentido solidarizarse coa economía de proximidade consumindo os produtos da zona e axudando así á comunidade da que formamos parte inmediata. No pequeno comercio, que sustenta a tantas familias, e nos mercados, que nos achegan directamente o que dá a terra ou elaboran os artesáns cos nosos recursos. Incluso mercando nas grandes superficies, sería bo considerar a procedencia do que levamos. Este é un comportamento lóxico tanto para a economía como para o medio ambiente. Así evítanse parte dos intermediarios, que se aproveitan en exceso do traballo dos produtores, e aminórase o empaquetado con envases sospeitosos de seren nocivos e os transportes, que traen problemas de contaminación e excesivo consumo enerxético.

Outra análise que resulta operativa leva á valoración dos produtos do país uníndoos á súa contorna cultural, unha de cuxas expresións xenuínas é a lingua propia desa terra. Por iso é de aplaudir que se constituíse o pasado día 7 a Irmandade Galega de Adegueiros como unha sección dentro do Foro E. Peinador, un paso máis dos que este leva dados para galeguizar a economía. Solicita a colaboración dos sindicatos -obreiros e agrarios-, dos partidos políticos e da cidadanía en xeral para que se sumen á campaña CONSUMO GUSTOS ETIQUETADOS EN GALEGO. Aos dous primeiros grupos suxírelles que informen aos seus afiliad@s da importancia de elixir establecementos comerciais que se identifiquen coa nosa lingua para premiar a actitude de posibilitar que vivamos como galeg@s galeguizad@s. O Foro E. Peinador é consciente de que o futuro da lingua galega precisa introducirse nos espazos da economía e neste sentido ven traballando arreo como demostra a xa lograda etiquetaxe galega dos nosos viños e doutros produtos agroalimentarios de calidade.

Nesta ocasión o Foro E. Peinador diríxese á cidadanía animándoa a que consuma neste momento de crise produtos galegos, preferentemente os etiquetados na nosa lingua. E faino no mes de Santiago, cando chega a festa grande de Galicia, unha boa oportunidade para fomentar a demanda dese uso instando, con petición amable e rotunda ao mesmo tempo: “Etiquetados en galego, por favor!”.

AMEIXAS DE SAN XOÁN

AMEIXAS DE SAN XOÁN

 

 

 

 

Advertisements

2 Comentarios

  1. Non se podía dicir + claro.

  2. Graciñas, Luz. Sei que te sumas e que volves ás orixes con todas as consecuencias, incluída a adquisición dunha lingua que dominas xa. Parabéns!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: