Inicio » Artigos » DESAPARECIDOS FORZOSOS

DESAPARECIDOS FORZOSOS

Xullo 2012
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Introduce o teu enderezo de correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións dos novos artigos.

Únete aos outros 37 segidores

En todos os rincóns do planeta e en todos os tempos houbo desaparecidos raptados con violencia e enterrados no silencio. O primeiro está no Xénese da Biblia: “Caín, onde está teu irmán Abel?” Tal fraticidio, non histórico, actúa a xeito de arquetipo dunha humanidade que pode facer actos sublimes pero tamén moi perversos. Nin sequera declarados os dereitos humanos se respectan nos sistemas de goberno democráticos. Pero as ditaduras e os réximes pseudodemocráticos con corrupción estrutural fan desaparecer cadáveres de xeito que mesmo resulta imposible constatar legalmente as mortes.

Traio estas reflexións ao meu recanto por vir de participar como colaboradora e membro do xurado do V CERTAMEN INTERNACIONAL MEMORIA DE POESÍA MARÍA PILAR ESCALERA MARTÍNEZ 2012, que se festexará mañá en Ródenas (Teruel) con dous días de actos participativos arredor da poesía comprometida que recorda as vítimas desde a memoria individual. Convoca este certame a “Asociación de Poesía y Cante de Aragón (A.P.C.A.) e a Asociación Poética y Recital de Aragón (A.P.R.A.)

Poucas veces me teño emocionado tanto lendo creacións líricas sobre o tema obrigatorio dos desaparecidos forzosos. Os autores afrontaban os recordos con rexistros máis elexíacos ou cívicos e os sucesos estaban ligados praticamente ao franquismo e ás ditaduras latinoamericanas. Existe aínda moita dor de perda cuxa expresión alcanza o cume se se utiliza como material poético. As almas mater desta convocatoria son persoas entrañables que traballan na defensa da memoria histórica, Ángela Piñeiro e Santiago Carcas, e son capaces de conseguir que tanta xente participe no certame e na celebración dun evento que dá vida a Ródenas cunha convivencia fraterna na que a poesía ocupa o centro doutras moitas actividades lúdicas, artísticas e mesmo de troco de obxectos.

Santiago Carcas Cuartero, fundador da “Asociación por la Recuperación de los Desaparecidos en el Franquismo”, é tamén poeta. Teño aquí ao lado o seu libro “Dende as mías poesías”, escrito en parte en fabla aragonesa. Sedúceme por ter un aire coa miña fala e ser un libro de amor. Creador do certame, Santiago escolleu como epónimo o nome da súa compañeira Pilar, falecida en 2007, e como lugar de celebración a que fora a súa vila natal. Todo para ensalzar en poesía o seu recordo.

 

 

 

Advertisements

2 Comentarios

  1. Inma di:

    Qué emotivo, Sra. Villar!

  2. Hai iniciativas moi bonitas perdidas polo mundo. En Ródenas, onde está pasando algo tan bonito con xente chegada dos países onde existen destes desaparecidos, non hai cobertura para móbil nin internet. Pero hai vida rebelde á inxustiza. Aperta, Inma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: